O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presentou esta mañá os proxectos que o Concello levará ante a Deputación de Pontevedra para optar ás diferentes liñas de axuda correspondentes aos exercicios 2026 e 2027. En total, as actuacións previstas supoñen un investimento que supera os 5 millóns de euros, financiados de maneira conxunta pola Deputación e o Concello, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a cohesión territorial do municipio, con especial atención ás parroquias.

Torneiros
Entre as principais intervencións destaca o proxecto de rexeneración urbana do núcleo de Torneiros, enmarcado no Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra. A iniciativa, cun investimento inicial de dous millóns de euros, busca mellorar o medio ambiente urbano e fomentar a mobilidade peonil mediante a redistribución do espazo viario. Prevese a ampliación das zonas peonís, a mellora das beirarrúas e da iluminación, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a incorporación de vexetación e mobiliario urbano.
Velódromo
Outra das actuacións máis relevantes é a remodelación integral do velódromo municipal, no marco do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Con 600.000 euros de investimento, o Concello aposta por converter este espazo, inaugurado en 1993 e único en Galicia, nun centro de referencia para os deportes urbanos. O proxecto inclúe a construción dun skatepark e dun pumptrack, así como melloras nas gradas, fachadas e paramentos interiores, habilitando locais para clubs e asociacións. Tamén se contempla a instalación de nova iluminación, sistemas de pluviais e rega, e novo mobiliario urbano, garantindo un espazo seguro, accesible e integrador.
Outras novas
- El Concello de Redondela ya es el dueño de Villa Elisa
- Denunciado el puerto deportivo de Baiona por un vertido de hidrocarburo a la red de saneamiento
- Ya tienes plan para esta noche: en el Ocean Rock Bar, Adolfo FH, en concierto para ‘Cada niño un juguete’
- ‘Hey Hematoma’ y ‘Foggy Mental Breakdown’ incendiarán la Sala Rebullón, este domingo
- La Guardia Civil interviene más de 3.000 litros de gasóleo bonificado en una venta fraudulenta en una gasolinera de Campo Lameiro
Servizos do rural
Ademais, o Concello presentará proxectos no marco do Plan + Provincia, destinados a reforzar os servizos básicos no rural, con especial prioridade na rede de saneamento, unha demanda histórica da veciñanza. Tamén se incluirán obras de acondicionamento, asfaltado e mantemento da rede viaria municipal, co propósito de mellorar a mobilidade, a seguridade e a conectividade entre os distintos núcleos de poboación.
Xunto a estas actuacións, a Deputación de Pontevedra subvencionará tamén o acondicionamento dunha senda peonil na estrada provincial do barrio de Casal, na parroquia de Budiño.






