Tinder, a aplicación de citas máis recoñecida a nivel mundial, xa está dispoñible en galego. A plataforma deu un novo paso cara á inclusión ao incorporar 11 novos idiomas, entre os que se atopa a nosa lingua, permitindo que os usuarios galegofalantes poidan gozar dunha experiencia máis personalizada, cómoda e auténtica.
Con presenza en máis de 190 países, Tinder alcanza agora os 60 idiomas dispoñibles, reafirmando o seu obxectivo de ser a app de citas máis inclusiva e accesible do mundo. A incorporación do galego supón un fitos clave para a normalización do idioma en contornas dixitais e no ámbito da tecnoloxía.
Xunto ao galego, tamén se engadiron outras linguas como o euskera, albanés, azerí, bosnio, birmano, xeorxiano, xemer, lao, macedonio e suahili.
Outras novas
- Carrilanas a 110 km/h: Camos vuelve a desafiar al vértigo
- Almaraz seguirá funcionando hasta 2030: Greenpeace alerta de un sobrecoste de 3.831 millones
- A Festa do Miño encherá Tui de piragüismo, música e gastronomía
- A vida nocturna de Cortegada sae á luz: 127 avelaíñas de máis de 40 taxóns nunha noite
- Música, fiestas y gastronomía: así llega el fin de semana a Vigo y las Rías Baixas
“O idioma é algo profundamente persoal: dá forma á nosa expresión, ás nosas conexións e ao noso sentido de identidade. Ao sumar o galego a Tinder, axudamos a que máis usuarios poidan vivir a experiencia das citas dunha maneira auténtica e na súa propia voz”, explica Kenny Mayo Imery, Senior Manager de Globalización e Crecemento Internacional en Tinder.
Esta novidade permite que máis persoas poidan empregar Tinder na súa lingua materna, contribuíndo á visibilización e valorización do galego nun espazo global e tecnolóxico, como é o das aplicacións de citas.





