O Concello de Nigrán vive un fito deportivo sen precedentes ao acoller o Campionato de Europa de Surf adaptado en Patos desde este mércores e ata o sábado -ou incluso o domingo se algunha proba hai que trasladala a este día por cuestións de olas-.
A inauguración tivo lugar esta tarde no propio areal co desfile dos 70 deportistas representantes das 10 mellores seleccións de toda Europa -España, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido, Suíza, Alemaña, Dinamarca, Países Baixos e Reino Unido-.

Así, a competición internacional chega ao municipio, sede durante 4 anos consecutivos do Campionato de España e é posible grazas ao traballo conxunto da Federación Española e Galega de Surf xunto a todas as administracións -Concello, Deputación e Xunta-, a Fundación Bimba y Lola e o club nigranés Quenlla, único en Galicia adicado á diversidade. O Concello financia unha parte a través da liña 2 do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.
Outras novas
- Vigo está a un paso de los 200 murales: así crecerá su gran museo al aire libre
- Mos gaña un novo eixo urbano tras a reforma das avenidas de Puxeiros e Rebullón
- La Policía y la familia reanudan la búsqueda de la joven Carmen López
- Caballero: “La Xunta tendrá más dinero que nunca, pero sigue sin invertir en Vigo”
- La reforma de la rúa Pazo tendrá que volver a licitarse tras la renuncia de la adjudicataria
Oito divisións
Os mellores deportistas paraolímpicos do continente participan clasificados entre as 8 divisións oficiais recoñecidas pola International Surfing Association (ISA) segundo o tipo de discapacidade: stand, kneel, prone, con discapacidade visual e máis.
Francia e España, con gran traxectoria no parasurf, son os únicos países que acoden con todos os equipos completos, polo que son os que máis aspiran a podios. Na selección española destaca o único representante galego Dani Souto, cego de un ollo e actual campión de Europa en categoría V2 que busca revalidar o título, ou a supermedallista Sarah Almagro, surfista malagueña tetrapléxica con títulos mundiais e europeos en categoría Prone 2.





