Comarcas

Fin de semana cheo de cultura, deporte e solidariedade, no Porriño

Cunha programación repleta de eventos para todos os públicos, desde este sábado

Fin de semana cheo de cultura, deporte e solidariedade, no Porriño

O Porriño convértese esta fin de semana nun punto de encontro para veciños, veciñas e visitantes, grazas a unha ampla axenda de actividades que mesturan gastronomía, deporte, música e solidariedade. Cun programa cheo de actividades e propostas de todo tipo.

🥖 VII Feira do Pan do Porriño

Sábado 11 de outubro, 11:00 h – Praza Arquitecto Antonio Palacios

  • Showcooking con Coque Fariña
  • Obradoiro infantil “Peque Pan”
  • Xantar popular de polbo e porco ao espeto
  • Actuacións musicais e produtos con Denominación de Orixe

🚴 Copa Galicia de Ciclocrós

Sábado 11 de outubro, 11:00 h – Pista de atletismo do Polígono da Granxa

  • Máis de 250 ciclistas
  • Circuíto de preto de 3 km
  • Promoción do deporte base e competitivo

🎲 II Bingo Solidario

Sábado 11 de outubro, 21:00 h – Círculo Recreativo Cultural

  • Toda a recadación irá a Afaga Alzheimer
  • Noite de diversión e solidariedade

🍂 V Festival de Outono en Atios

Sábado 11 de outubro – Centro Cultural de Atios

  • Magosto popular durante todo o día
  • Festival folclórico: Os Moleirinhos do Gandanha, Do Lado do Sol e Os Penediños de Atios
  • Música nocturna: Charanga Nova Jomada, Lina e Lola e Murghinsky

🍷 II Festa Furancheira

Venres 10 e 17, sábados 11 e 18, desde 19:00 h – Barrio da Cruz de Budiño

  • Viño do país, comida caseira e música tradicional
  • Queimada tradicional a medianoite con Suso Ferreiro

🇪🇸 Día da Hispanidade

Domingo 12 de outubro

  • Misa en honra á Virxe do Pilar (12:45 h, San Rosendo de Torneiros)
  • Ofrenda floral aos Caídos e entrega de condecoracións aos profesionais da Garda Civil

Te podría interesar