A Deputación de Pontevedra completou a liña de emprego do Plan +Provincia, cun investimento de preto de 8,2 millóns de euros destinado a que 36 concellos da provincia poidan contratar 659 persoas en situación de desemprego.
O presidente provincial, Luis López, salientou hoxe que “o +Provincia non só achega recursos para investimentos e gasto corrente, senón que dota aos municipios de persoal fundamental para garantir a atención á cidadanía e a correcta prestación dos servizos públicos”.
Outras novas
- Pedro Sánchez hace historia: supera a Aznar y ya es el segundo presidente más longevo de la democracia
- Muere un joven de 27 años en un brutal accidente de tráfico en Sandiás tras salirse de la vía y volcar
- Nubes y lluvia intermitente, este fin de semana
- El alcalde acusa a PP y BNG de poner en riesgo 35 millones por la ZBE de Vigo
- El béisbol da un paso histórico en Vigo: la ciudad podría tener por fin su propio campo
Contratos en función das necesidades municipais
Con estes recursos, os concellos contrataron este ano entre 3 persoas en Dozón e 33 en Vilagarcía de Arousa, para desempeñar tarefas esenciais como:
- Persoal de administración (técnicos, auxiliares, administrativos e ordenanzas)
- Servizo de Axuda no Fogar e traballo social
- Servizo de socorrismo
- Técnicos de turismo, guías e animadores socioculturais
- Enxeñeiros e técnicos en medio ambiente
- Operarios de saneamento e recollida de residuos
- Traballadores para mantemento de obras públicas, limpeza e parques e xardíns
- Bibliotecarios e auxiliares culturais para museos
220.000 € para proxectos en seis concellos
Ademais, a Deputación aprobou preto de 220.000 € para Dozón, O Rosal, Gondomar, Meis, Salceda de Caselas e Pazos de Borbén, dentro do marco do Plan +Provincia. Máis polo miúdo:
- Dozón: 62.000 € para mellorar drenaxes no núcleo de Requeixo (34.000 €) e amoblamento do velorio municipal (28.000 €)
- Gondomar: 50.000 € para reparar o colector interceptor do río Zamans en A Fraga, Vincios
- O Rosal: 34.200 € para colectores de lixo selectivo e árbores na Praza do Calvario
- Salceda de Caselas: preto de 30.000 € para mellora integral de vías municipais
- Meis: 24.500 € para muros de seguridade en camiños e equipamentos municipais
- Pazos de Borbén: 17.300 € para mantemento de programas informáticos, iluminación e sistema de recollida de pluviais
O Plan +Provincia ten como obxectivo combinar emprego, investimento e mellora dos servizos públicos, garantindo que os recursos cheguen ás áreas que máis o precisan e fomentando a inserción laboral.





