O Bloque Nacionalista Galego vén de conseguir un “novo avance decisivo para a Galiza” ao desbloquear a tramitación da Lei que permitirá a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) á Galiza. Durante as negociacións do Proxecto de Lei de Mobilidade Sustentábel, o BNG acadou que o PSOE aceptase que a Mesa do Congreso poña fin á parálise do proceso lexislativo.
O deputado nacionalista Néstor Rego lembra que a transferencia da AP-9 é unha demanda histórica do pobo galego e que a súa xestión directa desde Galiza permitirá avanzar nun modelo máis xusto, sustentábel e adaptado ás necesidades do país. “Non é só unha cuestión de competencias —subliña— é unha cuestión de dignidade e de capacidade para decidir sobre as nosas infraestruturas e recursos”.
Control galego da autoestrtada
Ademais, Rego puxo en valor que, alén das medidas incluídas no Proxecto de Lei de Mobilidade Sustentábel conseguidas pola organización nacionalista, “o BNG logra impulsar a tramitación da transferencia da Autoestrada do Atlántico, abrindo así o camiño para que a Galiza poida exercer un control real sobre unha infraestrutura estratéxica“.
“Este avance é a proba de que o BNG, con firmeza e coherencia, é quen de condicionar votacións e de lograr avances concretos para o beneficio das galegas e galegos” conclúe o deputado nacionalista.
Anos de bloqueo
“O PP leva anos bloqueando a transferencia da AP-9, tanto en Madrid como en Santiago. Se hoxe se move o marco é porque o BNG, con só un deputado, soubo facer valer a voz da Galiza no Congreso. Mentres o PP miraba para outro lado, nós puxemos a presión política e o traballo constante para que o PSOE finalmente accedese a desbloquear o trámite” subliña Rego.
Outras novas
- Xunta y Concello se enzarzan por el fallo de Eiras: la conselleira exige a Caballero que “deje de decir tonterías” y sentarse a una reunión urgente
- Una rampa mecánica conectará el año que viene García Barbón con el HALO
- Desfile de Moda Solidario a favor de la campaña “Cada Niño un Juguete”
- O Porriño tendrá un nuevo servicio de autobús eléctrico entre el centro y las parroquias
- Las luces de Navidad de Vigo se encienden este sábado a las 8 de la tarde
Nesta liña, Rego reivindica que “o BNG é a única forza galega que actúa sempre con independencia e coherencia, sen obedecer a intereses madrileños“ e lembra que o PP “tivo maiorías absolutas suficientes tanto no Congreso como na Xunta para facer esta transferencia, e nunca a fixo”.







