Comarcas

A reforma da Praza da Petanca, en Redondela, incorporará un auditorio ao aire libre e un ascensor

A Deputación achega 670.000€ e o Concello 287.000

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, veñen de asinar o convenio de colaboración para executar o proxecto de humanización e instalación dun ascensor na Praza da Petanca. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos.

670.000€

López e Rivas selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 670.000€. De acordo co reparto do Plan Extra, ao Concello de Redondela corresponderíalle unha subvención máxima de 1,1 millóns, pero o Concello presentou un proxecto cun orzamento de 956.700€, polo que para dar cumprimento aos criterios de confinanciamento das bases do Plan Extra a achega do organismo provincial non podería ser superior ao 70 % do total. O 30 % restante, uns 287.000 euros, asúmeo o Concello.

Praza da Petanca

O proxecto de humanización da Praza da Petanca de Redondela ten como obxectivo revitalizar e renovar un espazo actualmente relegado a zonas de paso, dando uniformidade á toda a praza e aproveitando o
desnivel da parcela posterior para a construción dunha bancada e a creación dun auditorio ao aire libre.

As actuacións a realizar inclúen a preparación do terreo e a retirada do mobiliario existente para, a
continuación, aplicar as capas de formigón precisas e a colocación de céspede nas zonas verdes con
plantación de arborado. Así mesmo, instalarase un ascensor para salvar o desnivel da parcela e novo
mobiliario urbano con bancos, fontes e aparcabicis. A actuación completarase coa canalización das redes
eléctricas e a implantación de iluminación LED.

2,16 millóns para Redondela

A colaboración da Deputación co Concello de Redondela non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 2,16 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.