O edil Iván Valles presentou a renuncia ao seu cargo no Concello de Redondela, que xustifica por motivos “estritamente relacionados coa miña saúde”, informa o Goberno municipal. Valles era, ata agora responsable de Deportes, Ensino, Conservatorio e Xuventude.
Na nota enviada aos medios de comunicación, dende o Concello de Redondela indican que Valles indicou que a súa situación “se estaba a prolongar máis do esperado, o que supón unha sobrecarga de traballo para os compañeiros de goberno”. Ante o inicio do curso e as actividades preferiu “dar un paso ao lado”, para que outro compañeiro ou compañeira o releve. Valles explica así os motivos da súa renuncia “para evitar especulacións”.
Tamén en vigoalminuto
- El Concello rechaza el convenio para que la Diputación invierta 1,7 millones en humanizar Rosalía de Castro
- Localizan sin vida en A Florida al vecino de Vigo desaparecido el domingo
- Máis de 163 toneladas de lixo retiradas das costas galegas: neumáticos, cabichas e microplásticos entre os residuos
- Caballero insiste en que Vigo necesita una nueva presa para garantizar el suministro de agua
- San Simón Y Santo Antón, donde los criminales franquistas mataron a 517 presos, ya es ‘Lugar de Memoria Democrática’
O xa ex concelleiro agradece profundamente “a confianza depositada en min por parte de todo o goberno local durante o tempo que exercín este cargo, asi como o apoio recibido por parte da Corporación, do persoal municipal e da veciñanza”.
Así, o edil ten un agradecemento especial para a alcaldesa, Digna Rivas, “pola súa comprensión, sensibilidade e apoio incondicional desde o primeiro minuto”.
Pola súa banda, Rivas amosou o seu “máis profundo e sincero agradecemento” a Iván Valles, quen como responsable de Deportes, Ensino, Conservatorio e Xuventude “demostrou sempre un compromiso inquebrantable, mellorando as condicións do deporte no noso Concello e creando novas oportunidades para todos e todas”. Digna Rivas desexa a Valles “unha pronta recuperación”.





