Desde hoxe venres e ata mañá sábado, ás nove da noite, a zona peonil do Concello do Porriño acolle a tradicional feira de oportunidades, Merca na rúa, organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor).
Durante estes dous días, un total de 21 establecementos comerciais ofrecen importantes descontos que parten do 50%, en produtos de sectores como o téxtil, calzado, complementos, deportes e incluso viaxes, así como unha ampla programación de actividades dirixida a tódolos públicos.
A iniciativa, que chega xa a súa trixésimo segunda edición, está tendo unha boa acollida, esperándose que durante esta tarde e mañá, cadrando en fin de semana e acompañando a boa climatoloxía, aumente aínda máis o público asistente.
Tamén en vigoalminuto
- Bouzas se moja por la esclerosis múltiple
- Encuentran herido a un hombre perdido en el monte de Ourense, tras el posible ataque de un jabalí
- Nigrán estrena el Ondas Festival: dos días de música urbana junto a Praia América con entrada gratuita el viernes
- El calor extremo da un respiro a Vigo desde este lunes, pero seguirá castigando al interior de Galicia
- Leiva conquista Vigo con un doble lleno y la sorpresa de Iván Ferreiro
Grandes descontos
Precisamente, o director Xeral de Comercio e Consumo, Grabiel Alén, visitou esta tarde a feira acompañado do alcalde Alejandro Lorenzo, quen incidiu na importancia que ten este evento “para o noso comercio de proximidade, un dos motores económicos da vila. Esta feira non só ofrece descontos atractivos, senón que tamén enche as rúas de dinamismo e alegría, promovendo a participación da veciñanza e visitantes”.
Compras e outras actividades
De xeito paralelo ás compras, os asistentes poden desfrutar das actividades programadas. Así este venres, de 16.00 a 19.00 horas, haberá inchables para os máis pequenos e mañá volverá habelos pola tarde e tamén en horario de mañá, de 11.00 a 14.00h.
Para a cativada organízanse ademais obradoiros, os dous días entre as 18.00 a 20.00 horas. O público adulto ten unha cita hoxe, ás 20.00 horas, co humor de marcos Pereiro e Federico Pérez co seu espectáculo “Os tristes” e o sábado, ás 18.00 horas, taller creativo de moda que permitirá aos participantes aprender a actualizar looks e combinar prendas adquiridas na propia feira, rematando cunha mini pasarela.





