O Porriño volveu ser, por terceiro ano consecutivo, a única parada en Galicia do Negrita Music Festival que pechará a xira nacional a vindeira fin de semana en Barcelona. Así, o aparcadoiro da rúa Progreso acolleu, dende primeira hora da tarde,a que gozaron, de maneira ininterrompida, dos concertos de artistas de música urbana liderados por Yung Beef, cabeza de cartel desta edición, que subiu ao escenario ás 22.15 horas.
Outras novas en vigoalminuto
- El metal necesita trabajadores y ofrece formación para contratar a 100 desempleados
- La Huelga General de este 11N lleva a la calle la batalla por los salarios, la vivienda y una vida digna
- Lluvia toda la semana
- La acampada por la vivienda ya tiene fecha para levantar sus tiendas
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
«O Negrita Music Festival, igual que outros eventos que xa se teñen celebrado no noso concello —e os
que están por vir—, son unha mostra clara do atractivo que representa O Porriño para as promotoras a
nivel nacional. Cada vez son máis as que ven na nosa vila un auténtico fervedoiro cultural, cun público
entregado e unhas condicións únicas para acoller grandes citas musicais e culturais. E iso é motivo de
orgullo para todos os porriñeses e porriñesas«, asegurou o alcalde, Alejandro Lorenzo.




West SRK, Xiyo&Fernéndez, Cyril Kramer, La Pantera, Hard GZ, Groove Amigos ou Galician Army
West SRK abriu o festival, ás 16.15 horas, seguido de Xiyo & Fernández ás 17.15h, Cyril Kamer ás
18.15 horas, La Pantera ás 19.30 horas e Hard GZ sobre as 20.45 horas. Logo da actuación de Yung Beef,
será a quenda de Groove Amigos B2B Traffic House (23.20 h), Alvama Ice (00.00 h) e Galician Army a partir das 01.00 horas.
Deste xeito, o Negrita Music Festival consolídase un ano máis como un referente da música urbana en Galicia. Así, ademais de traer artistas de primeiro nivel e ofrecer unha xornada de música continua, o evento serviu como pistoletazo de saída ás Festas do Cristo, reforzando o papel do municipio como epicentro cultural e festivo.





