A Deputación mantén aberto ata o 9 de setembro o prazo para que os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia presenten as súas solicitudes para optar ás axudas do programa +Emprega nos Concellos.
Dotado de 2,2 millóns de euros, fará posible que ata 130 mozas e mozos desempregados da provincia teñan a súa primeira experiencia profesional nos concellos pontevedreses. As bases da convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
+Emprega
O programa +Emprega nos Concellos ten como obxectivo promover a inclusión social e a creación de
emprego de calidade, así como o fomento da empregabilidade da cidadanía pontevedresa, dotando os
mozos e mozas da provincia dunha primeira experiencia profesional mediante un contrato de traballo
formativo de ata un ano de duración a tempo completo.
A través desta experiencia búscase que adquiran competencias e habilidades tanto sociais como profesionais, ademais de romper a barreira que ten a mocidade para acceder a postos cualificados por falta de experiencia.
Tamén en vigoalminuto
- Peinador creció en noviembre en número de viajeros, pero sigue siendo el tercer aeropuerto gallego
- Las obras de la Avenida de Madrid se prolongarán 4 meses más de lo previsto
- El Puerto inicia la instalación de las pasarelas de acceso al visor submarino de “Peiraos do Solpor”
- Dúas persoas falecen nun choque frontal entre un turismo e un camión na N-547 en Arzúa
Contratos e remuneración
O número de contratos dispoñibles para os concellos varía segundo a súa poboación. Deste xeito:
- os 11 concellos da provincia con ata 3.000 habitantes terán á súa disposición 1 contrato
- os 25 concellos cunha poboación entre 3.001 e 10.000 habitantes contarán con 2 contratos
- por último, os concellos con entre 10.001 e 50.000 habitantes poderán solicitar ata 3 contratos
A contía máxima da achega que se concederá por cada contrato formativo dependerá do nivel de estudo, e o salario non poderá ser inferior ao 70% para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente aos estudos e funcións desempeñadas.
- Así, no caso dos postos que requiran licenciatura, grao ou diplomatura o máximo mensual será de 1.400€ e 16.800 ao ano
- No caso do dos ciclos superiores de Formación Profesional, 1.200€ ao mes e 14.400€ ao ano
- No dos ciclos medios de Formación Profesional de 1.000€ ao mes e 12.000 € ao ano





