A Oficina de Turismo do Porriño leva atendidas a máis de 450 persoas dende a súa apertura, en agosto. Deste xeiro, converteuse nun espazo esencial tanto para quen percorre o Camiño de Santiago como para aquelas persoas interesadas en descubrir a vila do Louro e a súa contorna.
A maior parte das consultas estiveron relacionadas coa Ruta Xacobea, con especial interese en
información práctica, orientación sobre as etapas e selado das credenciais. Ademais, un número crecente de visitantes solicitou tamén datos sobre o patrimonio, a cultura e a oferta lúdica local, o que amosa o atractivo turístico do Porriño, máis alá do Camiño.
“A posta en marcha deste servizo, pois ata agora dispoñíamos dun punto de información, está a resultar
unha peza clave para dinamizar o territorio, reforzar a acollida e poñer en valor os recursos locais”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo. Dispor dun punto de información turística actualizado e accesible é
fundamental tanto para visitantes como para a propia veciñanza.
Tamén en vigoalminuto
- La provincia de Pontevedra, en alerta por lluvias intensas: hasta 500 litros por metro cuadrado esta semana
- «Los representantes del PP y BNG de Vigo se limitan a decir ‘sí buana’ a sus jefes de Santiago»
- Así será el Entroido: cinco días de comparsas, pasacalles y la París de Noia en la calle
- Botada en Vigo la nueva rampa Ro-Ro del Puerto de Santander
Unha técnica de turismo, contratada a través dunha axuda da Deputación de Pontevedra, é a encargada de atender este oficina “convertida nunha ferramenta estratéxica que nos permite acompañar ás persoas que chegan ao Porriño, dándolles unha imaxe acolledora e ofrecendo unha atención de calidade que repercute positivamente na nosa vila”, sinala a concelleira de Turismo Vanessa Ucha.




