O Goberno Local de Vigo aprobou este 1 de setembro a licitación do contrato de mantemento e conservación das zonas verdes da cidade, durante un período de 5 anos e un importe que ascende a case 65 millóns de euros. Segundo sinalou o alcalde, Abel Caballero, este expediente contempla o mantemento de:
- parques forestais
- grandes parques urbanos
- as zonas verdes de rotondas
- as medianas e xardineiras
- o conxunto do arborado da cidade
«Vigo, cada día é máis verde»
Caballero lembrou que Vigo conta agora con máis zonas humanizadas o que supón que «cada vez é máis verde», o que require “dun maior mantemento«. Como consecuencia, o servizo pasará de 110 a 146 traballadores, o que «significará unha mellor atención e una notable mellora das zonas verdes».
Outras novas
- Frenazo al parque canino de Barreiro: los vecinos tumban la licitación y exigen cambiar el proyecto
- A Xunta Electoral advirte a Rueda por utilizar unha visita a Vigo para facer propaganda da súa xestión
- Vigo pierde población en verano, pese al turismo: nos vamos de vacaciones fuera de la ciudad
- Detenido tras robar en un bar de A Guarda, mientras disfrutaba de un permiso penitenciario
- Una nueva competidora de la sardina aparece por primera vez en Galicia
Áreas de Xogo
O alcalde, así mesmo, avanzou que na mesma Xunta de Goberno tamén se validou a licitación do novo contrato de mantemento e reposición de áreas de xogo, mobiliario urbano, fontes ornamentais, espazos recreativos de auga e parques caninos. Cun orzamento de 9,5 millóns para os próximos 5 anos, as arcas municipais adicarán ao ano preto de 2 millóns.
Este contrato permitirá atender 148 parques infantís, 7 máis que antes; un 7% máis de áreas biosaudables; un 34% máis de pistas deportivas, asi como case 4.000 bancos. Tamén está incluída neste expediente a conservación de fontes, paneis fotovoltaicos ou as piscinas de Samil.





