O Concello de Gondomar pon en marcha a VI edición do Camiño do Irmandamento, unha cita deportiva e cultural que terá lugar os próximos 4 e 5 de outubro de 2025. Este evento busca fortalecer os lazos de irmandade entre Galicia e Portugal a través dun percorrido que conecta as vilas de Gondomar (Galicia) e Gondomar (Portugal), pasando por localidades como Caminha, Póvoa de Varzim e Porto.
Máis de 150 quilómetros
O Camiño do Irmandamento conta cun trazado de máis de 150 quilómetros, repartidos en dúas xornadas, polo que as persoas participantes deberán contar cun mínimo de coñecementos e experiencia na circulación en bicicleta por estrada.
A actividade está aberta á participación cidadá, animando a veciñanza a vivir unha experiencia única que combina deporte, natureza e confraternidade transfronteiriza.
Como destaca o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, “o Camiño do Irmandamento é moito máis que unha proba deportiva: é un símbolo de unión entre dous pobos irmáns, que comparten cultura, lingua e tradicións, e que se atopan cada ano a través deste percorrido”.
Rocío Goberna, concelleira de Turismo, subliña que “este evento é unha oportunidade única para dar a coñecer Gondomar e o seu entorno, fomentando o turismo sostible e a convivencia, ao tempo que se promove a práctica deportiva en contacto coa natureza. Xa temos un grupo de ciclistas que nos acompañan ano tras ano, e que agardan con ilusión esta cita, porque os momentos compartidos de convivencia fortalecen os lazos e fan desta experiencia algo moi especial”.
Outras novas
- «Sigue avanzando la Biblioteca del Estado»
- Ya tienes plan para estos días: el Underfest, Berto Romero, teatro… y el encendido de las luces de Navidad
- Detenido en Mos un hombre de 47 años que acudió a una cita sexual con una supuesta menor de 14 años
- Aldeas Infantiles SOS cesa su actividad en TikTok
- Buscan un coche robado en Portonovo que podría estar circulando por varios municipios de O Salnés
- ‘Perro Futuro’, el rock que desafía los kilómetros, aterriza en la Sala Rebullón después de 45 conciertos
Inscricións
- As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición previa a través do correo electrónico: [email protected]. Para máis información tamén se habilita o teléfono: 678 874 985
- O prazo de inscrición remata o 29 de agosto ás 14:00 h, lembrando que as prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas en Gondomar.






