O Concello do Porriño porá en marcha nas vindeiras semanas unha serie de cursos de formación en Reanimación Cardiopulmonar (RCP) dirixidos á veciñanza, co obxectivo de mellorar a capacidade de resposta cidadá ante situacións de emerxencia sanitaria.
As sesións serán de balde e estarán impartidas por profesionais do sistema de saúde. Esta iniciativa
permitirá que as persoas asistentes adquiran coñecementos básicos en RCP, que poden resultar
fundamentais á hora de actuar ante unha parada cardiorrespiratoria, ou outra situación de risco vital, e supor a diferenza entre a vida e a morte.
Tamén en vigoalminuto
- Sánchez acusa a Caballero de vivir «lejos de la realidad» por negarse a reforzar la partida de vivienda en 2027
- El alcalde da por asfaltadas ya 23 calles y anuncia otras 171 para los próximos meses
- Un coche rompe una valla y cae tres metros por un desnivel en pleno centro de Gondomar
- Las familias monoparentales con dos hijos tendrán las mismas ventajas que las numerosas
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salienta a importancia desta acción formativa no marco dun
compromiso coa seguridade e a saúde pública, «as asociacións culturais, clubs deportivos e mesmo as instalacións municipais repartidas polas distintas parroquias están a recibir mochilas de reanimación específicas para actuar ante emerxencias. O feito de salvar unha soa vida é para nós un éxito total e
absoluto».
As datas e localizacións dos cursos comunicaranse próximamente: a participación está aberta a toda a veciñanza interesada.




