Cultura

A FAVEC celebra o seu aniversario

Dende este venres e durante toda a fin de semana, no Auditorio Mar de Vigo

A FAVEC celebra o seu 59º aniversario

A Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” (FAVEC) celebra o seu 59º aniversario cun programa festivo, participativo e reivindicativo que terá lugar os días 18, 19 e 20 de xullo no Auditorio Mar de Vigo.

Este encontro anual, lonxe de ser un simple acto conmemorativo, consolídase como un espazo de celebración, análise e recoñecemento ao tecido social que sostén, día a día, os barrios e parroquias da nosa cidade.

Un movemento veciñal vivo, firme e comprometido

«Durante case seis décadas, a FAVEC ten desempeñado un papel fundamental na defensa dos dereitos cidadáns, na vertebración do territorio e na interlocución coas administracións. Faino dende a pluralidade e a solidariedade, garantindo que ningunha parroquia nin barrio quede atrás», apuntan os seus responsabeis.

Palestra Veciñal

Nesta nova edición da celebración, o protagonismo será compartido entre a festa e a reflexión. A Palestra Veciñal a partir das  11:00h. do sábado, que contará con persoas expertas e representantes políticos, abordará cuestións de grande transcendencia para o presente e futuro de Vigo: temas como Servizos sociais, vivenda e urbanismo, Transporte e Infraestructuras , contaminación acústica e medio ambiente, Cultura e participación cidadá, Deporte e Comercio. A  planificación urbana e outros desafíos inmediatos. A cidadanía terá a oportunidade de escoitar voces autorizadas e informadas, xerando un espazo aberto, plural e necesario para a participación.

Programación para nenos

Programación Destacada: o evento comezará este venres 18 ás 16:30h con actividades infantís: pintacaras, Globoflexia, Tatuaxes, Abalorios, Dance-Party, espectáculo de Maxia, , e un desfile adicado aos máis novos., Concurso rei e raíña 2025 infantil.


Tamén en vigoalminuto


Música

 A partir das 21:00 h, chegará a música coa actuación OS ATÓMICOS,  será protagonista co concerto de MIGUEL COSTAS, lenda do rock galego e ex-compoñente de grupos emblemáticos como Siniestro Total, productor, compositor , e  colaborador noutros proxectos musicais, fundador do grupo musical Costas,no ano 2007 ata a actualidade. Tamén actuará o humorista Pepo Suevos, haberá un desfile de moda organizado por  Barbara Vázquez de Bonita de Vestir,no que participarán outras tendas e ALENTO.

A noite do sábado serán os concertos de GxN(Grazas por Nada) e Dioivo, bandas representativas do novo panorama musical vigués e  galego.

Dioivo, é un dúo de metal extremo fundado en Vigo, en 2016, naceu poñendo música a un poema de Rosalía de Castro. «sempre pola morte esperas», e a partir de ahi, seguiu adiante coa idea de mesturar influencias como o black metal melódico ou o thrash, empregando a lingua galega, e servíndose unicamente da batería, guitarra e voz. Dende o seu inicio o grupo está formado por Dani e Jacobo. Galardoados co segundo premio no certamen Xuventude crea da Xunta de Galicia en 2016 e 2017.

Gracias por Nada e un grupo de pop-punk/skate punk que mezclan as melodías suaves do pop coa velocidade e ritmos característicos do punk.

Día da Memoria

O domingo 20 será o día da memoria e da comunidade. Rendirase homenaxe a aquelas persoas e colectivos, elixidas polo movemento veciñal que rematará pola mañá coa actuación do grupo Villagalicia de Lavadores. Pola tarde, seguirá con actuacións de grupos de asociacións  veciñais. e a actuación para peche do acto de Samuel Levi e os Nenos perdidos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.