A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, advertiu este luns da “grave situación que atravesa a sanidade pública galega durante os meses de verán” e denunciou a inacción do Goberno da Xunta fronte a unha realidade “insostible” para profesionais e pacientes.
“Rueda pode dicir o que queira, pero hoxe en Galicia hai mulleres parindo sen auga quente”, sinalou Espinosa, en referencia ao traslado do servizo de partos no hospital de Ourense a un espazo provisional, “sen as mínimas condicións hixiénico-sanitarias, sen privacidade, equipamento axeitado nin duchas para as mulleres atendidas”.
Non a garantir a cita co médico de familia en 48 horas
A deputada lamentou que o Partido Popular rexeitase no Parlamento a proposta presentada polo secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, para garantir por lei unha cita co médico de familia nun prazo máximo de 48 horas. “Non se trata dunha medida extraordinaria, senón dun compromiso básico coa atención primaria que o PP rexeita sistematicamente”, advertiu.
Otras noticias
- Caballero exige a Rueda 25 millones para el túnel de Elduayen…hace menos de un año le pedía 16
- El índice de actualización de los alquileres subió un 2,1% en junio
- Baja el precio de la bombona de butano
- Pontevedra, una de las provincias más seguras
- Rescatado en Moaña el cuerpo de un hombre, flotando en el mar
- “Rueda pode dicir o que queira, pero hoxe en Galicia hai mulleres parindo sen auga quente”
“Situación crítica”
Espinosa asegurou que “a situación é crítica” en numerosos puntos do país: “no centro de saúde Pintor Colmeiro, en Vigo, non hai médicos polas tardes e as citas derivan directamente ao PAC; “no Salnés, os centros funcionan ao límite, sen pediatras nin reforzos de persoal, cunha ambulancia medicalizada compartida como cada verán; en Cervo, só permanece unha médica con horario reducido; e no Barbanza, a presión asistencial increméntase mentres o número de profesionais diminúe”.
A ex ministra e deputada socialista salienta que “estes son só algúns exemplos do que pasa cada día en moitos centros de saúde de Galicia. A Xunta está instalada no negacionismo mentres a sanidade pública se deteriora sen freo. Nin o presidente nin o conselleiro asumen a súa responsabilidade nin toman medidas”, concluíu Espinosa, advertindo de que “a sanidade non se defende con discursos, senón con feitos, con persoal, con planificación e con recursos públicos”.