Desde este martes, 15 de xullo e durante un mes, xa poden solicitarse as axudas para compensar a redución de xornada de traballo, co fin de atender a fillos de ata 3 anos- ou 12 anos se ten recoñecida discapacidade-. As mesmas están convocadas pola Consellería de Política Social.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as bases destas axudas, que contan cunha partida duns 620.000 euros, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Subvencións
Así, serán subvencionables as situacións de redución da xornada de traballo para o coidado de fillos no período entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025. As cantidades irán dos 1.700 aos 3.700€ -tendo en conta a redución da xornada laboral, a súa duración e o número de fillos a cargo-. En calquera caso, o período máximo subvencionable será de 8 meses.
Outras novas
- El BNG reprocha a Caballero haber contratado sólo 27 viviendas protegidas de las 6.000 que prometió hace 19 años
- La jueza deja en libertad al detenido por apuñalar, presuntamente, a su tío en Cangas
- Castrelos abre la inscripción para sus campamentos culturales gratuitos de verano
- La Diputación libera casi un millón de euros para Pintor Colmeiro y la Pista Vermella
- Natación artística, basket 3×3 y waterpolo: así será la potente programación deportiva del SeaFest 2026
- El PP exige borrar la firma de Ábalos del libro de honor de Vigo tras su condena
Requisitos
Poderán solicitar estas axudas as familias monoparentais en que a persoa que exerce a maternidade ou paternidade en solitario se acolleu á minoración da xornada. Tamén aquelas integradas por unha muller e un home, nas que este último reduza o seu horario, co obxectivo de que as traballadoras poidan seguir desenvolvendo a súa carreira e incrementar o fomento da corresponsabilidade nos coidados dos menores.
Se se trata de familias formada por dúas mulleres ou dous homes mais os fillos, algúns dos seus integrantes tamén poderán optar ás axudas. Por último, tamén poden beneficiarse as persoas traballadoras con menores en adopción ou acollida familiar.






