O maillot deseñado por Mos para La Vuelta Ciclista a España que remata no Castro de Herville-Mos o próximo 9 de setembro xa está dispoñible para a súa adquisición por parte do público xeral.
Este deseño deste ano destaca pola súa cor amarela e a incorporación da rosa de Mos, que forma parte do escudo e da bandeira do municipio, como símbolo protagonista. Esta rosa figura na parte frontal da prenda, que nunha das mangas leva o deseño do Castro de Herville e noutra o lema municipal SOMOSMOS.
As prendas poderán adquirirse en Tramo Libre, situada na Avenida de Sanguiñeda, e en Deportes González previo encargo. Están todas as tallas dispoñibles, dende a 6 ata a XXXXL, e o prezo é de 65€.
A chegada da etapa 16ª de La Vuelta 2025 ao Castro de Herville en Mos será o 9 de setembro, e o percorrido inclúe 13,2 quilómetros polo termo municipal.
Outras novas en vigoalminuto
- Frenazo al parque canino de Barreiro: los vecinos tumban la licitación y exigen cambiar el proyecto
- A Xunta Electoral advirte a Rueda por utilizar unha visita a Vigo para facer propaganda da súa xestión
- Vigo pierde población en verano, pese al turismo: nos vamos de vacaciones fuera de la ciudad
- Detenido tras robar en un bar de A Guarda, mientras disfrutaba de un permiso penitenciario
- Una nueva competidora de la sardina aparece por primera vez en Galicia
- Oficial y Caballero
Con este novo deseño, que xa luciu o veciño de Mos, excampión do Tour de Francia e actual embaixador de La Vuelta, Óscar Pereiro, na presentación da etapa en Afouteza, Mos volve colocarse no mapa do deporte internacional coa forza da súa identidade e o orgullo dun pobo que se recoñece na súa historia e mira con ilusión cara ao futuro.






