O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, comprobou xunto coa alcaldesa de Redondela, os avances na reforma da ponte de Trasmañó, que afronta a súa recta final para mellorar a seguridade viaria, non só dos peóns, senón tamén do tráfico rodado. Na visita estiveron acompañados por un grupo de veciños da zona e tamén da empresa construtora.
Os traballos enmárcanse dentro das obras de adecuación que se están a realizar en Chapela e Trasmañó, nas marxes da AP-9, adxudicadas á empresa Civis Global por un importe de 2,65 millóns. A actuación está na recta final e finalizará nas próximas semanas. Coa ampliación da ponte gáñase a anchura necesaria para que poidan cruzarse dous vehículos sen ter que agardar.
Tamén en vigoalminuto
- El Concello destina 2,7 millones extra a rehabilitar 159 viviendas en Coia y activa suelo residencial en Bouzas
- O BNG anima en Vigo a galeguizar os nomes e apelidos coa súa campaña ‘Pronúnciate’
- Arrestado, tras pegarle un puñetazo a su pareja
- El alcalde anuncia que habrá bandera azul en la playa «Samil derecha»
- Tui mergúllase no Entroido: desfile, música e o Enterro do Bacallau esta fin de semana
- Muere Eric Dane, el popular “McSteamy” de Anatomía de Grey
Ademais, as antigas beirarrúas estreitas, que incumprían normativa, están a ser substituídas por unha funcional senda peonil de metro e medio de anchura que arranca na rampla dende o alto da Encarnación e continúa ata a finalización da ponte no camiño das Laxes. Finalmente, instalaranse varandas que tamén suporán unha mellora sobre as antigas biondas.






