Comarcas

O Concello de Covelo anuncia a apertura a Piscina Municipal

E organiza as actividades deportivas de verán

O Concello de Covelo anuncia a apertura da Piscina Municipal o vindeiro 1 de xullo, despois da realización de obras de mellora nas instalacións consistentes na impermeabilización do vaso, a renovación integral do azulexo e arranxo e pintado de rúas. As obras foron financiadas con cargo ao plan extra de instalacións deportivas da Deputación de Pontevedra por importe de 60.928,05 €. A piscina abrirá en horario continuado de 12:00 a 20:00 horas, ofrecendo así un espazo de lecer e benestar para a veciñanza durante a tempada estival.

Programa

Recupera como cada verán o seu programa de actividades deportivas. O obxectivo é fomentar o exercicio físico e a vida activa entre a veciñanza, promovendo hábitos saudables e o uso das instalacións municipais. As actividades están organizadas polo Concello e financiadas pola Deputación de Pontevedra, dentro da súa aposta polo apoio ao deporte e á mellora da calidade de vida no ámbito rural.

Actividades previstas

Xullo

  • Ximnasia acuática para persoas adultas
    Días: luns, mércores e venres
    Horario: de 12:15 a 13:15 h
    Período: do 1 ao 31 de xullo
    Prazas: máximo 15 persoas

Agosto

  • Natación para crianzas
    • Iniciación (nados entre 2011 e 2020): martes e xoves
      Grupos de 7 persoas
      Horarios: 12:15–12:45 h | 12:45–13:15 h | 13:15–13:45 h
    • Perfeccionamento: luns, mércores e venres
      Grupos de 12 persoas
      Horarios: 12:45–13:15 h | 13:15–13:45 h | 13:45–14:15 h
  • Natación para persoas adultas
    • Iniciación e perfeccionamento
      Días: luns, mércores e venres
      Horario: 12:15–12:45 h
      Prazas: máximo 8 persoas por grupo

Tamén en vigoalminuto


Prazos de inscrición

  • Ximnasia acuática: do 24 ao 30 de xuño
  • Clases de natación (adultos e crianzas): do 24 de xuño ao 21 de xullo

As inscricións realizaranse nas oficinas do Concello (de 9:00 a 14:00 h) ou a través da sede electrónica da páxina web do Concello de Covelo. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, unha vez entregada toda a documentación requirida.

Prezos

  • Persoas empadroadas: 5 €
  • Persoas non empadroadas: 25 €

O pagamento realizarase por transferencia bancaria á conta do Concello de Covelo (ES75 20805420543110100012) entre o 24 e o 30 de xullo, indicando o nome da persoa participante e o concepto “Clases Natación”.

Comezo das actividades

  • Ximnasia acuática: mércores 2 de xullo (ata o 30 de xullo)
  • Clases de natación: xoves 1 de agosto (ata o 29 de agosto)

O custo total da programación ascende a 3.103,10 € (IVE incluído) e será contratada externamente na súa totalidade. A programación contará con monitores/as especializados/as e material técnico axeitado para o correcto desenvolvemento das actividades.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.