O Concello de Redondela traballa na reordenación do tráfico no casco histórico da vila. A restrición do tráfico nesta zona busca “mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños e veciñas, fomentar a sostibilidade e preservar o patrimonio histórico”. De feito, as restricións de tráfico comezaron xa en 2012, pero ata o de agora o sistema presentaba moitas eivas. Os incumprimentos das limitacións no caso histórico son moi frecuentes, o que supón un grave prexuízo para o patrimonio e unha inseguridade para os peóns.
Cámaras de control
Para facer do casco histórico unha zona máis accesible e segura instaláronse cámaras de control do tráfico, ás que teñen acceso os corpos e forzas de seguridade. Para unha xestión máis eficiente da circulación as cámaras están situadas nos puntos do casco vello que recomendou o estudo da Policía Local: praza da Constitución, rúa Prata, rúa Pai Crespo e Campo das Redes.
Os dispositivos identifican as matrículas dos vehículos para verificar que só circulan os que están autorizados. Nos primeiros vinte días de funcionamento rexistraron case 51.000 vehículos (50.979), o que fai unha media de 2.500 coches ao día.

Desde o Concello de Redondela advirten que “este elevado volume de tráfico resulta incompatible coa conservación do patrimonio e a seguridade da veciñanza e dos peóns”.
Entre todos os vehículos que circularon por esta zona restrinxida no prazo de vinte días detectáronse 9.247 matrículas diferentes. A cifra é moi superior ao volume de residentes estimado na casco histórico. Nun principio as cámaras están a funcionar en probas. Previamente á súa entrada oficial en funcionamento, informarase á cidadanía.
Tamén en vigoalminuto
- Denuncian que el Área Sanitaria de Vigo no cubre las ausencias de las Enfermeras en verano
- Cerrada al baño la Praia de Arealonga, en Chapela, por contaminación
- Servicio especial nocturno de autobuses para desplazarse a las Fiestas de Bouzas
- Investigan la identidad del cadáver encontrado, en avanzado estado de descomposición, bajo el HALO
- La Biblioteca del Estado en Vigo, saluda a su 9º ministro de Cultura
- Dimite o equipo directivo do IES Valadares
Acceso só permitido a residentes e propietarios de inmobeis no casco histórico
O acceso está permitido para os residentes e propietarios de inmobles no casco histórico. Do mesmo xeito poden circular os vehículos de servizos públicos e emerxencias, así como as operacións de carga e descarga. Desde o Concello sinalan que este novo sistema evitará que as persoas non residentes circulen polo casco histórico, o que reducirá dun xeito moi significativo o tráfico.
As cámaras servirán para previr o estacionamento indebido e axudarán a que as rúas sexan máis seguras. Os dispositivos terán tamén un efecto disuasorio ante actos incívicos que ocasionan molestias aos residentes. No caso de áreas delicadas, as cámaras axudarán a protexelas e, no caso de rexistrarse algún problema, a axuda chegará antes xa que estarán conectadas á policía.