A Praza Arquitecto Antonio Palacios acolleu esta tarde a presentación oficial da 58a edición do Rallye Recalvi Rías Baixas, unha das probas máis emblemáticas do calendario automobilístico estatal e cita clave do Supercampionato de España de Rallyes (S-CER).
O acto contou coa presenza do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; do presidente da Escudería Rías
Baixas, Damián Giráldez; do piloto José Antonio Martínez del Río e durante a mesma expuxéronse varios
vehículos participantes e detalláronse os aspectos deportivos da carreira.
A carreira
Así, a proba disputarase entre os días 3 e 5 de xullo, cun percorrido total de 449 quilómetros, dos que 129 serán cronometrados en tramos de competición. Entre estes tramos, destaca especialmente o que
atravesa o Porriño, o tramo Gondomar–O Porriño, con 11,450 km, que será unha das etapas máis
decisivas da proba.
O tramo que pasa por Porriño, previsto para o sábado 5 de xullo e que se poderá ver a partir das 12:18h pola maña e a partir das 17:18h pola tarde, converte ao municipio nun dos escenarios centrais da carreira, non só polo seu tramo de competición, senón tamén pola súa relevancia na organización da proba.
Tamén en vigoalminuto
- Caballero llama «desalmados» a los responsables de la Xunta y los acusa de «engañar» a Inditex
- Feijóo admite ante la jueza que no supo de la DANA hasta la noche del 29 de octubre
- Rescatan a tres ocupantes de un autobús escolar tras chocar con un coche en As Neves
- 1.601 prazas nas oposicións de educación en Galicia, durante este 2026
- Abel Caballero: «La ETEA sin el aparcamiento no vale para nada»
- Lluvia todo el fin de semana
Verificacións
Ademais, O Porriño acollerá as verificacións técnicas e administrativas e será sede dun dos reagrupamentos oficiais, que se celebrará nas inmediacións do Pavillón de Deportes. Esta infraestrutura e a localización estratéxica do municipio «fan que o Porriño teña un papel clave na loxística e desenvolvemento do evento».

Así mesmo, diante dos concellos de Gondomar, Nigrán e Salceda de Caselas realizaranse os controis de
paso durante a mesma xornada do sábado, o que sitúa a esta zona como un núcleo importante no
percorrido do rallye.
O alcalde Alejandro Lorenzo subliñou que “acoller unha proba desta categoría é un orgullo e unha
oportunidade para que O Porriño se vexa como o que é: unha vila viva, moderna, apaixonada polo
deporte e con capacidade para organizar eventos de primeiro nivel”.






