O Concello do Porriño concede, por primeira vez, as ‘Becas Antonio Palacios’ aos mellores expedientes académicos da PAU do municipio, unha iniciativa coa que se recoñece o esforzo e a excelencia do alumnado de 2º de Bacharelato que acadou as mellores cualificacións na Proba de Acceso á Universidade (PAU).
15 axudas de 300€ cada unha
Así, concederá un total de 15 axudas de 300€ cada unha, destinadas a apoiar os estudos universitarios do alumnado con mellores resultados. A selección do alumnado realizouse atendendo a unha nota igual ou superior ao 8,5 na fase xeral da PAU.
Otras noticias
- La acampada por la vivienda ya tiene fecha para levantar sus tiendas
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará
- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo
- La Xunta acepta reunirse con el Concello por el Mundial 2030… siempre que participe el Gobierno de España
A entrega simbólica destas becas terá lugar nun acto institucional na Casa do Concello nos vindeiros
días, co obxectivo de homenaxear ao alumnado galardoado e poñer en valor o papel dos centros educativos e das familias no proceso formativo. As becas levan o nome de Antonio Palacios, arquitecto
porriñés de renome, como «símbolo do compromiso do Concello coa cultura, o coñecemento e a formación».
O alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta que “é un orgullo para todo o municipio contar con estudantes deste nivel. Con estas becas queremos premiar o esforzo, recoñecer o talento e apoiar o futuro académico da nosa mocidade”.






