A do sábado na Sala Rebullón (Avda. Rebullón, 23) será unha actuación moi especial e practicamente única en España. Os andaluces Saurom, cunha ducia de discos editados e preto de trinta anos de traxectoria de éxito no folk rock, ofrecerán en Mos un concerto acústico no marco da súa xira 2025 «El principito». Xunto co de Sevilla, serán os dous únicos acústicos de Saurom en España.
Saurom
Saurom é un grupo español de rock que adereza o seu estilo con influencias folk, celtas, música tradicional e metal. As súas letras están baseadas en multitude de influencias, en particular a literatura, principalmente lendas, poemas, romances e contos medievais. A banda, a través da metáfora, preocúpase de que as súas mensaxes teñan un fondo crítico, cultural e social.
Algunhas das súas letras, sobre todo as que concirnen aos seus discos conceptuais, teñen unha temática máis explícita, relacionada coa novela «O Señor dos Aneis», de J. R. R. Tolkien, coa literatura clásica e tradicional andaluza, así como coa Biblia, entre outros textos relixiosos.
Tamén en vigoalminuto
- ¿Buscas trabajo? El naval abre en Vigo un curso con compromiso de contratación y sin experiencia previa
- Os madrileños que visiten Galicia non poderán beneficiarse dos descontos no transporte público
- Vitrasa reorganiza el transporte para la gran noche de Vigo: refuerzos por la final del Mundial y los Fuegos de Bouzas
- La Diputación insta al Concello a una solución para mantener los 2,58 millones de Finca Matías
- Robó un bar en O Porriño y cayó minutos después con la caja registradora entre las manos
- Los músicos de Vigo protestarán en Castrelos antes del concierto de Molotov: «La música local se apaga»
O espectáculo «El principito» presentouse en marzo en Madrid, no Movistar Arena, e congregou a máis de 7.000 persoas, mostra da solidez da súa traxectoria e da frescura da súa proposta. A xira comezou o mes pasado e vai levar a Saurom por máis de 25 cidades, principalmente españolas, mais tamén cruzarán o charco para actuar en Quito ou Bogotá, por exemplo.
Lembra
Este sábado, 21 de xuño, un dos dous únicos concertos acústicos de Saurom, ás 21:00 horas na Sala Rebullón, con entradas desde 25€ en anticipada, á venda na cantina do CSCD As Pedriñas e online, ou 30€ na porta.






