O Concello do Porriño informa de que, debido á execución dunha nova fase das obras de renovación e mellora do entorno do Templete de San Luis e do acceso ao cemiterio municipal, procederase ao corte dun carril na rúa Domingo Bueno, á altura do Templete, a partir de hoxe e durante aproximadamente unha semana.
Durante este período, o tráfico estará regulado por semáforos provisionais, «co obxectivo de minimizar as molestias á veciñanza e garantir a seguridade de peóns e condutores mentres duren os traballos».
Tamén en vigoalminuto
- La Porta do Sol se llena de música: cinco conciertos gratuitos con sabor vigués el primer fin de semana de octubre
- Galicia toca fondo demográfico: só 3.086 nacementos fronte a 9.185 mortes
- Susana Rodríguez Gacio conquista en Pontevedra su octavo Mundial
- Denunciado un furtivo con más de 25 kilos de centollo y nécora
- Prohibido el baño en O Carreiro por contaminación microbiológica
- Juaniña, la vecina de 101 años que presentará a Kate Ryan este sábado en O Porriño
Resumo da actuación
As obras consisten na renovación integral da beirarrúa de acceso ao cemiterio municipal, coa substitución do pavimento actual —moi deteriorado— por pedra granítica tipo Rosa Porriño, a ampliación da beirarrúa na curva do Campo da Feira e a mellora do paso peonil elevado fronte ao Templete de San Luis. «Trátase dunha intervención que busca dignificar o entorno patrimonial e mellorar a mobilidade e seguridade viaria no núcleo urbano», apuntan dende o Concello.






