As rúas de Salceda transformaranse este sábado nunha pasarela de vehículos de máis de 30 anos na ‘II edición do Condado Classic’ organizada polo Club de Clásicos e Históricos do Condado Paradanta que preside Jose Táboas. Nesta ocasión, un total de 100 persoas repartidas en 50 coches tomarán a saída dende a Praza do Concello, da man da alcaldesa Loli Castiñeira a partires das 16.00 horas nunha proba de regularidade que polas súas características se celebra con tráfico aberto e na cal os vehículos participantes non poden superar a velocidade de 50 km/hora en ningún momento.
Castiñeira quixo agradecer ao Club que tivesen escollido Salceda para esta proba, “Salceda é un Concello amigo dos deportes do motor, e unha proba tan singular coma esta enriquece sen dúbida a nosa vila e a nosa xente”. A alcaldesa anunciou tamén a súa intención de participar no percorrido nun dos vehículos da organización.
140 quilómetros
Os tres tramos previstos supoñen un total de 140 quilómetros, contando con unha pausa / habituallamento de 45 minutos a media tarde. Na proba cóntase con vehículos chegados de toda Galicia, moitos deles da provincia de Pontevedra, pero tamén doutros Concellos como Sarria, A Coruña, Carballiño ou Ourense. A chegada dos vehículos á Praza do Concello para prepararse para a saíde será entre as 12:00 e as 13.30h., polo que nese horario se poderán contemplar a totalidade de coches participantes.
Tamén en vigoalminuto
- Indignante pintada con insultos contra Carmela Silva en pleno centro de Vigo
- El PP mantiene la ventaja, pero las encuestas discrepan sobre la distancia con el PSOE a una semana de las elecciones
- De un Fiat 500 por 8.400 euros a un Alpine de 65.900: los coches que buscan dueño en Vigo
- Caballero denuncia 90.000 pacientes en lista de espera, critica os traslados de médicos en Vigo e pide concentrar o voto no PSOE
- Las desbrozadoras siguen trabajando en el humedal de Barreiro pese a las denuncias vecinales
- Marián Mouriño recibe la Medalla de Oro del Círculo de Empresarios de Galicia
A proba conta con puntos de control cada 100 metros, resultando vencedora aquela persoa que realice o percorrido dun xeito máis axustado á velocidade establecida en cada zona. As persoas participantes van provistas dun rutómetro e a súa posición está controlada por sistema GPS.
Sen dúbida un dos vehículos estrela será o Mini Cooper S do ano 66 de Luciano e Begoña, que chegan dende Nigrán e que foron os ganadores da proba na pasada edición. Este será o coche máis antigo participante na proba.






