O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, para a adecuación do espazo público na contorna da igrexa e do cemiterio de Donas. Un acordo asinado no marco do Plan Extra- o plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes- a través do cal o organismo provincial financia o 100% dun proxecto valorado en máis de 1,2 millóns de euros cunha achega de 900.000€ a través do Plan Extra e co aporte de 308.000€ para cubrir a parte correspondente do Concello a través do Plan +Provincia.
Espazo de preferencia peonil
O proxecto consiste na creación dun espazo de preferencia peonil mediante a formación dunha plataforma única coa inserción de espazos verdes. Así mesmo, instalaranse novas canalizacións para completar a rede soterrada de baixa tensión e a de iluminación pública, así como implantar unha nova rede de pluviais, de telecomunicacións e a renovación da rede de abastecemento e saneamento existente. Do mesmo xeito, recuperarase o ámbito da fonte e lavadoiro tradicional como espazo público e dotarase á zona de mobiliario urbano, marquesiñas, iluminación, masas vexetais, papeleiras e bancos.
Tamén en vigoalminuto
- Cíes, conciertos y pantallas: el Concello vuelve a culpar a la Xunta
- El Concello de Vigo impide otro evento veraniego, pocas horas antes de su inicio
- A gran afluencia esperada leva O Porriño a cambiar de lugar a pantalla da final España-Arxentina
- Cae en Vigo un grupo acusado de desvalijar viviendas
- La Xunta prohíbe el baño en dos playas de Baiona y obliga a izar la bandera roja
- Brutal accidente en O Porriño: dos muertos y cuatro heridos graves tras una colisión frontal en la PO-510
Outros proxectos
A colaboración da Deputación co Concello de Gondomar non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial preto de 2,2 millón de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.






