Cun acto no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo deuse a benvida ás 130 persoas recentemente graduadas para desenvolver a súa formación e cursar á súa especialidade na Área Sanitaria de Vigo. Destas 130 persoas, 108 corresponden a facultativos en Medicina, e as 22 restantes a residentes en Enfermería.
Cifra récord de residentes en Medicina familiar e Comunitaria
A especialidade que conta un maior número de residentes é Medicina Familiar e Comunitaria, cun total de 39 novas e novos residentes; unha cifra récord no histórico da Área Sanitaria de Vigo xa que en 2024 foron 36.
Así mesmo, os e as restantes facultativas residentes repartiranse noutros servizos, destacando como novidade este ano que 1 facultativo residente desenvolverá a súa formación en Psiquiatría Infanto Xuvenil e da Adolescencia.
Tamén en vigoalminuto
- Caballero responde a la oferta de Luis López para negociar el Mundial 2030 con nuevos reproches
- Stellantis Vigo para la producción del Peugeot 2008 durante cuatro días por falta de componentes
- Unha inventora e unha máquina de fabricar soños chegan a Teis
- La Diputación transfiere al Concello 1,4 millones y liquida los pagos de Clara Campoamor y Nelson Mandela
- El Gobierno pide a la Fiscalía investigar a TikTok y estudia paralizar sus servicios en España
- Una avería de un camión góndola obliga a cortar un carril de la PO-542
Enfermería
No que respecta á Enfermería, 22 persoas realizarán a súa formación a partir deste ano, a maior parte destes e destas EIR o farán en Medicina Familiar e Comunitaria, e entre os e as restantes, dous residentes o farán por primeira vez en Enfermaría Xeriátrica.






