O Concello de Gondomar fixo entrega onte dos premios aos establecementos hostaleiros participantes na tradicional Festa da Empanada, «recoñecendo así o seu traballo, creatividade e compromiso coa gastronomía local. Un acto cargado de sabor, orgullo e recoñecemento ao esforzo do sector».
Así, o 1º premio foi para a Cafetería Alameda, mentres que o 2º recaeu en Pazo Da Escola e o 3º premio foi para a Jamonería Catro Camiños. O galardón á Mellor Empanada Profesional foi outorgado á Tapería Ardentía, destacando pola súa innovación e calidade.
Durante o acto, tamén se fixo entrega de catro cheques de 50€ a veciñas e veciños que resultaron gañadores no sorteo de participación promovido pola Concellería de Comercio, como mostra de apoio ao comercio local e como agradecemento á cidadanía pola súa implicación.

«Unha mostra viva da identidade de Gondomar«
“A Festa da Empanada é moito máis que unha celebración gastronómica: é unha mostra viva da identidade de Gondomar, do talento dos nosos hostaleiros e da forza do noso tecido económico”, destacou o alcalde, Paco Ferreira, durante a entrega de premios. “Iniciativas como esta demostran que, cando institucións, empresas e veciñanza camiñamos xuntos, conseguimos proxectar Gondomar como un referente en Galicia”.
Tamén en vigoalminuto
- Informe del Colexio de Xornalistas sobre el Concello de Vigo: fuentes inaccesibles, declaraciones enlatadas y un alcalde que no responde preguntas
- Vigo entra en alerta preventiva por la escasez de agua y la Xunta declara la sequía prolongada en 74 concellos
- La estatua de Iago Aspas costará 295.000 euros: 200.000 para hacerla, 80.000 para llevarla y 15.000 en premios
- El lunes empieza a funcionar el hospital de día médico del Cunqueiro para evitar ingresos y aliviar las Urgencias
- O Porriño se prepara para cuatro días de fiestas con SÉS, D. Valentino, Kate Ryan, Gisela y Panorama
- La Diputación amplía hasta 2027 el plazo para que el Concello de Vigo no pierda 4,15 millones en dos obras
A organización da festa e do sorteo foi posible pola implicación conxunta da Asociación de Empresarios OVALMI, o Concello de Gondomar e o Centro Talaso, que uniron esforzos para impulsar esta iniciativa. A todas elas agradeceuse o seu compromiso co desenvolvemento económico e social do
municipio.
O evento consolidouse como un dos máis esperados do ano, reforzando o seu papel como escaparate da gastronomía e da vitalidade do comercio de proximidade. “Seguiremos apoiando estas iniciativas porque representan o mellor da nosa vila: calidade, cooperación e identidade propia”, concluíu o alcalde.






