O Concello do Porriño, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), pon en marcha a campaña promocional “Adianta o verán”, que se desenvolverá do 2 ao 20 de xuño de 2025, ou até esgotar rascas, co obxectivo de dinamizar e fomentar o comercio local no inicio da tempada estival.
Esta iniciativa ofrece a oportunidade de participar de xeito gratuíto nunha promoción na que os clientes poderán gañar bolsas neveriñas e bolsas de praia, incentivando así a compra nos establecementos asociados a ACIPOR.
Durante a campaña, os comercios participantes entregarán rascas por cada compra realizada, que poderán ser canxeados ata o 23 de xuño de 2025 nos establecementos colaboradores: Lola, Zafiro, Lencería Tere, Maritta, Rayuela, La Antigua Mueblería, Mapa e Congelados Frandi.
En total, a promoción conta con 42 bolsas neveriñas e 78 bolsas de praia como premios, e está aberta a todas as persoas físicas que fagan compras nos establecementos asociados durante o período da campaña.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa ACIPOR a través do correo
[email protected] ou do teléfono e WhatsApp 641 10 97 16.
Tamén en vigoalminuto
- O Porriño impulsa o saneamento de O Seixo-Rotea, cun investimento de 191.000€
- O BNG advirte a Abel Caballero que non se pode volver licitar un SAF “precario e a baixo custe”
- Chucho Valdés, en Vigo este domingo
- Transportes estudia la viabilidad del tramo ferroviario entre O Porriño y Portugal
- El SERGAS confirma que cerrará este verano más del 8% de las camas de sus hospitales
- Llega a Vigo el Vintax Market
Ollo! o prazo para inscribirse no curso de monitor de tempo libre está a piques de pechar
A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño, a través da OMIX, organiza un novo Curso Oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que se desenvolverá no verán de 2025. A formación será impartida pola cooperativa Avada S. Coop. e a Escola de Tempo Libre Scolé, e conta con todas as garantías de calidade e homologación oficial.
O curso realizarase en modalidade semipresencial, cun total de 200 horas teóricas:
- Sesións presenciais: do 16 ao 27 de xuño, no Centro Cultural Municipal do Porriño (100 horas)
- Formación en liña: do 28 de xuño ao 11 de xullo (100 horas)
Unha vez rematada esta fase, o alumnado deberá completar 150 horas de prácticas obrigatorias
en entidades colaboradoras. - Ao finalizar, as persoas participantes obterán o título oficial de Monitor/a de Tempo Libre,
requisito imprescindible para traballar en campamentos, ludotecas, granxas escola, actividades
extraescolares, establecementos turísticos, entre outros.
O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de xuño, mediante o seguinte formulario: https://forms.gle/xBZoCEv98WYPjRa88. Actualmente, só quedan 5 prazas dispoñibles. As inscricións tramítanse por orde de chegada, e terán prioridade as persoas empadroadas no Porriño. Para máis información: [email protected] e teléfono e WhatsApp: 641 10 97 16.