As obras para a construción da segunda fase da Senda Verde de Chapela, están en marcha. Financiadas polo Plan +Provincia da Deputación, o Concello de Redondela da continuidade a esta vía peonil que transforma a antiga liña do ferrocarril, agora en desuso, nun novo espazo de lecer.
Este segundo tramo comeza nas inmediacións do novo Skatepark e continúa en dirección a Redondela. O proxecto vai transformar esta céntrica zona da parroquia de Chapela cunha nova superficie de 2.300 metros cadrados para uso público.
Paseo natural e lugar para deporte e vida saudable
O novo tramo, ao igual que a senda que une o antigo apeadoiro con Vigo, será un espazo pensado para o uso da cidadanía. Na zona crearase un espazo dinámico para fomentar a vida saudable no que a veciñanza poida gozar dun paseo por un medio natural lonxe do tráfico, e tamén mellorará a conexión coas rúas da contorna. A segunda fase contará cunha praza que comunicará os dous tramos do camiño Real Angorén, que na actualidade están separados pola vía do ferrocarril. Crearase así un lugar de esparexemento, deporte e vida saudable, tanto para usos lúdicos como deportivos.
Tamén en vigoalminuto
- O Porriño enche a fin de semana de festas con música, teatro, tradición e deporte
- O TSXG condena o Sergas por vulnerar os dereitos fundamentais dun traballador
- El alcalde anuncia que Vigo reserva casi 400.000€ para la Cabalgata de Reyes y la megafonía de Navidad
- La Movida viguesa vuelve este sábado con una gran noche dedicada a Golpes Bajos
- Vigo e Nigrán entran en ‘medidas de prealerta’ ante o empeoramento da situación en Zamáns
- Empiezan a funcionar las Zonas de Bajas Emisiones: quién puede entrar, qué excepciones hay y cuándo empezarán las multas
O deseño é similar ao da primeira fase da senda, e nos puntos nos que o percorrido ten acceso dende as rúas adxacentes crearanse pequenas prazas con bancos que servirán como zonas de descanso e de encontro. Ao final do trazado colocarase unha pérgola que ofrecerá sombra nos días de sol.
Os traballos foron adxudicados á empresa local Construcciones Castro por un importe de 277.500€, e o prazo de execución é de 6 meses.






