Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 65 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, entre as 3 da tarde do venres, 16, e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 18 de maio. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 22 sinistros.
A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico e os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71.
Outras novas
- Frenazo al parque canino de Barreiro: los vecinos tumban la licitación y exigen cambiar el proyecto
La Mesa de Contratación retira la licitación del proyecto municipal - A Xunta Electoral advirte a Rueda por utilizar unha visita a Vigo para facer propaganda da súa xestión
Considera que o presidente vulnerou a neutralidade institucional durante a súa visita ás promocións de vivenda pública de Navia - Vigo pierde población en verano, pese al turismo: nos vamos de vacaciones fuera de la ciudad
Aunque batimos récords de visitantes
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 2 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 59 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.
En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.
