Un ano máis o Festival Sinsal SON Estrella Galicia pendura nunhas horas o cartel de abonos esgotados ás poucas horas de iniciar a venda. Porén, o evento cultural, cuxo cartel é secreto para o público ata que desembarca en San Simón, activará este xoves 15, a partir das 12.00 horas, a través da plataforma Enterticket, a venda de entradas por día, que permitirá o acceso nas xornadas do venres 25, sábado 26 ou domingo 27 de xullo.
Sinsal SON Estrella Galicia
Sinsal SON Estrella Galicia é unha iniciativa cultural que visualiza as artistas próximas á creación contemporánea da escena galega, estatal e internacional. Cada verán ofrece na illa de San Simón unha pequena mostra dos proxectos musicais máis estimulantes de formacións que proceden de diferentes países de Europa, África Asia ou América.
Tamén en vigoalminuto
- Michel Salgado, ‘Hijo Predilecto’ de As Neves
- Mos aproba definitivamente o proxecto de expropiación para a construción da senda peonil en Dornelas
- O ‘Canjazz 2025’ reúne en Cangas o jazz de catro continentes con artistas de prestixio internacional
- 13 ofertas para ejecutar la obra de construcción del Instituto Domingo Villar, en Navia
- O Porriño destina máis de 3.000 m2 á creación de 80 vivendas protexidas
- El Nintendo Switch 2 Tour llega a Vigo al volante de Mario Kart World
Para poder acceder ao festival o público debe coller un dos barcos que Sinsal pon á súa disposición no porto de Vigo e no Centro de Interpretación de Rande (Meirande). O transporte ata a illa (e a volta desde a mesma) está incluído no billete e os prezos son diferentes en función do embarcadoiro (que sempre é o mesmo para a saída e o regreso) e da idade, sendo máis económico o acceso para menores de 16 anos.