O Concello de Gondomar vén de iniciar o proxecto de mellora do camiño municipal que conecta Fontán coa Texosa, cun orzamento de execución que supera os 140.000 euros. Esta actuación busca mellorar a mobilidade e seguridade viaria na zona rural, así como garantir o correcto drenaxe e accesibilidade da vía, actualmente moi deteriorada polo paso do tempo e o uso continuado.
As obras previstas inclúen a renovación completa do pavimento mediante aglomerado asfáltico, a instalación de novas canalizacións de pluviais, a mellora das beiravías e a reposición de elementos danados ao longo do traxecto.
Ademais, dentro deste proxecto tamén se contempla a recuperación dunha fonte de auga pública no barrio de Fontán, que levaba tempo en desuso, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio veciñal e ofrecer un servizo útil á comunidade.
Tamén en vigoalminuto
- Paga una cámara por internet, nunca la recibe y acaba destapando una red de blanqueo
- Tivemos o segundo setembro máis quente desde 1961
- Morre aos 90 anos Xosé Manuel Beiras, figura clave do nacionalismo galego
- Muere Maricarmen, la mujer de 87 años cuyo desahucio puso la vivienda en el centro del debate
- Vigo pierde 3,5 millones del Estado destinados a pagar los descuentos de Vitrasa
- Caballero exige a la Xunta que rebaje «mañana mismo» el caudal ecológico para evitar que falte agua
Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, salienta que “con este tipo de actuacións seguimos demostrando o noso compromiso co rural, co equilibrio territorial e coa mellora continua das infraestruturas municipais”. Engadiu ademais que “investir neste tipo de obras é investir na calidade de vida das persoas. Gondomar está avanzando cara a un modelo de concello máis conectado, máis seguro e máis habitable para todos e todas”.
As obras, xa en execución, rematarán ao longo deste mes, polo que desde o Concello agradécese a comprensión e colaboración da veciñanza mentres se desenvolven os traballos.






