O Concello do Porriño deu comezo á actividade “Bautismo de Surf”, unha iniciativa destinada ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros escolares do municipio. A proposta, que terá lugar durante a primeira quincena de maio na praia de Patos, busca achegar aos máis novos ao medio mariño dun xeito lúdico, seguro e educativo.
Ao tempo que descubren un deporte como o surf, os participantes terán a oportunidade de aprender sobre a importancia de manter hábitos de vida saudable, valorar o traballo en equipo e tomar conciencia do respecto e coidado do entorno natural.
Na primeira xornada, o alumnado foi recibido polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, pola concelleira de Educación, Carolina González, polo alcalde de Nigrán, Juan González Pérez, e por Daniel Benavides Alonso, xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, que quixeron dar a benvida aos participantes e poñer en valor a importancia dunha experiencia que une deporte, aprendizaxe e concienciación ambiental.
Otras noticias
- Luisa Sánchez advierte de que la fórmula del Concello para Balaídos deja fuera a la Diputación
- Prisión sin fianza para el hombre que rompió la pulsera telemática y atacó a su expareja en As Neves
- Pintor Lugrís se mueve
- Activado o protocolo pola chegada de po sahariano que pode empeorar a calidade do aire
- Cocaína, hachís y MDMA: cuatro detenidos en varias operaciones antidroga
- Trabajo: 100 puestos para operarios
Catro xornadas
A actividade desenvolverase ao longo de catro xornadas e contará coa participación de 207 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos centros CEIP Antonio Palacios, CEIP da Ribeira, CEIP Xosé Fernández López, CEIP Atios, CEIP da Cruz Budiño, CPR Santo Tomás e CPR Irmáns Quiroga.
A experiencia está guiada por monitores cualificados da asociación Quenlla Surf Clube, que velarán pola seguridade dos participantes e adaptarán a actividade ás súas idades e capacidades. O programa non só pretende iniciar aos rapaces na práctica do surf dun xeito lúdico e seguro, senón tamén fortalecer o espírito de colaboración, o coñecemento do medio mariño e a sensibilización sobre a importancia da súa conservación.






