Por mor das previsións meteorolóxicas adversas, a organización do Correlingua decidiu adiar a cita prevista para este venres. A nova data será o 23 de maio. Os centros participantes xa foron informados do cambio e manteranse as actividades previstas tal e como estaban planificadas.
Correlingua alcanzará o vindeiro domingo 23 de maio un cuarto de século de existencia coa participación de 1.800 escolares de 20 centros docentes de Vigo e da súa área. «É un día de festa, reivindicativo e participativo», asegurou este luns a concelleira de Educación, Olga Alonso, ao presentar con Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua, a nova edición que se celebrará baixo o lema «A mocidade activa, por unha lingua viva». A Praza do Rei de Vigo será o punto de partida da marcha pola lingua que finalizará no Parque de Castrelos.
Outras novas
- El Concello mantiene sin autorización la pantalla del España-Bélgica, tras recibir la documentación complementaria de la Diputación
- La pantalla gigante de la Praza da Estrela para ver el España-Bélgica, en duda tras el aviso del Concello a la Diputación
- Vigo activa los preparativos de la Navidad con un contrato de 610.000€ para la decoración luminosa
- Vigo prohíbe la música en directo en los chiringuitos, mientras Nigrán sí la permite con límites
- El PAC de Cangas, al límite: denuncian falta de médicos, más presión asistencial y derivaciones desde Moaña
- Prohibido o baño na praia da Armona, na Guarda, tras detectarse contaminación microbiolóxica na auga
Dende as 10:30 horas
A xornada comeza ás 10:30 coa chegada dos centros educativos á Praza do Rei, desde onde parte a marcha ata Castrelos ás 11:00, percorrendo as principais rúas da cidade. Unha vez no parque, as actuacións correrán a cargo dos artitas finalistas no Cantalingua deste ano, como Pauliña, quen ofrece un concerto no que mestura blues, reggae, rock.
Tras a presentación da humorista Isabel Risco, actuará tamén Paco Nogueiras, cun espectáculo cheo de música e diversión.
Farase unha lectura do Manifesto do Correlingua 2025, elaborado nos obradoiros «Desata a lingua» por estudantes de distintos centros. Nel, a mocidade manifesta o seu compromiso coa lingua e cultura galegas, reivindicando o seu uso como ferramenta de identidade, creación e liberdade.
A organización lembra ás persoas asistentes a importancia de traer roupa cómoda, gorra, auga e algo para merendar. A participación tamén se anima con cartaces e pancartas feitas polo propio alumnado, convertendo esta cita nunha verdadeira festa da lingua galega.
Lembra
- Hora: A partir das 10:30h
- Día: venres, 23 de maio de 2025
- Lugar: Vigo
Programa do día:
Castrelos: alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria.
- • Ás 11:00h Presentación a cargo de Isabel Risco
- • 11:10h Paco Nogueiras
- • 11:45h Fin do espectáculo de infantil
Praza do Rei
- 10:30 Chegada dos centros á Praza do Rei
- 11:00 Saída do CorrelinguaPraza do Rei, Avda. Camelias, Praza de América, Avda. Castrelos
- 12:00 Chegada ao Parque de Castrelos
- 12:15h Presentación a cargo de Isabel Risco, lectura do manifesto.
- 12:30h Pauliña
- 13:10h Fin






