Cultura

Adíase o Correlingua en Vigo por mor da chuvia

Para o vindeiro día 23

Por mor das previsións meteorolóxicas adversas, a organización do Correlingua decidiu adiar a cita prevista para este venres. A nova data será o 23 de maio. Os centros participantes xa foron informados do cambio e manteranse as actividades previstas tal e como estaban planificadas.

Correlingua alcanzará o vindeiro domingo 23 de maio un cuarto de século de existencia coa participación de 1.800 escolares de 20 centros docentes de Vigo e da súa área. «É un día de festa, reivindicativo e participativo», asegurou este luns a concelleira de Educación, Olga Alonso, ao presentar con Anxo Terán, presidente da Asociación Cultural Correlingua, a nova edición que se celebrará baixo o lema «A mocidade activa, por unha lingua viva». A Praza do Rei de Vigo será o punto de partida da marcha pola lingua que finalizará no Parque de Castrelos.


Outras novas


Dende as 10:30 horas

A xornada comeza ás 10:30 coa chegada dos centros educativos á Praza do Rei, desde onde parte a marcha ata Castrelos ás 11:00, percorrendo as principais rúas da cidade. Unha vez no parque, as actuacións correrán a cargo dos artitas finalistas no Cantalingua deste ano, como Pauliña, quen ofrece un concerto no que mestura blues, reggae, rock.

Tras a presentación da humorista Isabel Risco, actuará tamén Paco Nogueiras, cun espectáculo cheo de música e diversión.

Farase unha lectura do Manifesto do Correlingua 2025, elaborado nos obradoiros «Desata a lingua» por estudantes de distintos centros. Nel, a mocidade manifesta o seu compromiso coa lingua e cultura galegas, reivindicando o seu uso como ferramenta de identidade, creación e liberdade.

A organización lembra ás persoas asistentes a importancia de traer roupa cómoda, gorra, auga e algo para merendar. A participación tamén se anima con cartaces e pancartas feitas polo propio alumnado, convertendo esta cita nunha verdadeira festa da lingua galega.

Lembra

  • Hora: A partir das 10:30h
  • Día: venres, 23 de maio de 2025
  • Lugar: Vigo

Programa do día:

Castrelos: alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria.

  • • Ás 11:00h Presentación a cargo de Isabel Risco
  • • 11:10h Paco Nogueiras
  • • 11:45h Fin do espectáculo de infantil

Praza do Rei

  • 10:30 Chegada dos centros á Praza do Rei
  • 11:00 Saída do CorrelinguaPraza do Rei, Avda. Camelias, Praza de América, Avda. Castrelos
  • 12:00 Chegada ao Parque de Castrelos
  • 12:15h Presentación a cargo de Isabel Risco, lectura do manifesto.
  • 12:30h Pauliña
  • 13:10h Fin

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.