O Concello de Mos vén de abrir o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas en executar as obras de remodelación de Puxeiros, que teñen como obxectivo
modernizar e humanizar esta importante área.
Para levar a cabo este proxecto, o Concello investirá 1,3 millóns de euros destinados a actuar nunha superficie de 7.500 m2, «que transformarán por completo a mobilidade e a estética urbana» deste lugar. Así, entre as intervencións destacan a creación dunha nova glorieta que mellorará a fluidez do tráfico, a ampliación e mellora das beirarrúas para garantir a seguridade dos peóns, a instalación de novo arborado e mobiliario urbano, así como a renovación integral do firme das vías.
Accesibilidade e zonas verdes
Ademais, a proposta incorpora medidas orientadas á mellora da accesibilidade e á redución do impacto ambiental, mediante a implementación de zonas verdes e a promoción da mobilidade sustentable. Está prevista tamén a reorganización das prazas de aparcamento e a mellora da sinalización horizontal e vertical.
Tamén en vigoalminuto
- La Diputación incluirá 400.000 euros en su presupuesto de 2027 para captar vuelos en PeinadorLuisa Sánchez anuncia esta partida para intentar atraer nuevas rutas
- Povisa estrena su nuevo robot quirúrgico con una operación urológicaEl Da Vinci 5 ofrece visión tridimensional, mayor precisión y más maniobrabilidad
- Una médica del Álvaro Cunqueiro acepta más de un año de cárcel por falsificar recetas de una compañeraCogió de su mochila un talonario y el sello oficial y los utilizó para retirar medicamentos en farmacias
- Baiona afronta tres días de posibles cortes de luz por trabajos en la red eléctricaPueden afectar entre el 23 y el 25 de septiembre a varias calles de O Burgo, Santa Marta y As Áreas
- Arde Bogotá abre este miércoles la venta de entradas de una gira que permitirá a fans subirse al escenarioEl concierto del 29 de octubre en el Auditorio Mar de Vigo será el primero de diez citas en salas
- Hallan muerto a un hombre sobre unas rocas junto al río Limia en LobiosEl cuerpo se encontraba en una zona escarpada y de difícil acceso, lo que obligó a movilizar a equipos de rescate
Mellora da conexión entre os distintos núcleos urbanos
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, subliña que «con esta remodelación, Puxeiros converterase nun espazo máis amable e funcional, tanto para os veciños como para os negocios que desenvolven a súa actividade na zona». Ademais, a alcaldesa salienta a importancia desta obra para «reforzar a conexión entre os distintos núcleos urbanos e dinamizar economicamente toda a área».

Prazos
As empresas interesadas en participar no proceso de licitación teñen un prazo de 20 días hábiles para presentar as súas propostas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.
O inicio das obras está previsto para este verán, unha vez completado o proceso de adxudicación. A duración estimada dos traballos será de aproximadamente 8 meses.






