A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, perdeu este luns a cuestión de confianza que presentou vinculada á aprobación do orzamento municipal, logo de que votaán en contra os 10 concelleiros e concelleiras do PP e os 3 do BNG, fronte ao voto favorables dos 7 representantes do seu partido, o PSOE, e o único representantes da Agrupación de Electores de Redondela (AER).
Pese a este resultado en contra, Rivas seguirá na Alcaldía posto que os grupos de oposición teñen ata o 5 de xuño para presentar unha moción de censura que non sairá adiante: o BNG xa adiantou que non facilitar que o candidato do Partido Popular, Javier Bas, que gañou as catro últimas Eleccións Municipais, volva a ser alcalde.
Así, o voceiro nacionalista apuntou que «a xente de Redondela vaise tranquilísima» do pleno porque «non vai haber moción de censura» por parte do Bloque posto que non darían, en ningún caso o seu apoio ao PP.
Orzamento bloqueado
Así, durante o debate, Rivas apostou por un orzamento que dalle prioridade ao investimento social e as infraestruturas e que, asegurou, está «bloqueado» pola oposición. A alcladesa, que amosouse disposta a asumir o resultado da votación, asgurou que non iba a gobernar dende a «parálise» e tampouco baixo os desexos dunha oposición «que se nega ao diálogo e sabotea calquera avance».
POr iso, pediulle ao BNG que entrase no Goberno municipal- con PSOE e AER- e que traballase «dende dentro», porque o que non sexa iso sería «darlle o voto á dereita».
Artimaña
Para o nacionalista Xoán Carlos González, a cuestión de confianza foi unha «artimaña» do PSOE para «someter e coaccionar» ao BNG e ocultar que nin a alcaldesa nin o grupo socialista teñen proxecto algún para Redondela.
A xuízo do único representante de AER o resutado da votación xa se sabía hai tempo, logo de que populares e nacionalestas adiantaran que non apoiarían á alcaldesa.
Tamén en vigoalminuto
- Se aplaza hasta junio la reapertura de LepantoEl Concello aprueba una reducción de más de 10.000 euros en el coste de ejecución
- La oposición activará un pleno extraordinario tras la imputación de la concejala de Seguridad por el caso del SaltamontesBNG y PP buscarán el acuerdo para forzar la comparecencia de Abel Caballero
- Sigue la búsqueda de María Milagros C. B., desaparecida el martesSu rastro se perdió junto a su coche, un Renault Captur blanco
- Caballero afirma que la Diputación bloquea obras clave en Vigo y Luisa Sánchez le responde: “miente o no se entiende con sus concejales”Ambos se reprochan el retraso en la firma de varios convenios
- Vigo convértese esta fin de semana nun enorme escenario culturalBegoña Caamaño, estará no centro das actividades, coincidindo co Día das Letras Galegas
- Pedro Sánchez hace historia: supera a Aznar y ya es el segundo presidente más longevo de la democraciaEl líder socialista alcanza los 2.905 días en La Moncloa
Unha manobra para manterse na Alcaldía
Por último, Javier Bas, portavoz do grupo maioitario da Corporación, apuntou a Digna Rivas como «máxima responsable da deriva de Redondela» e cualificou a cuestión de confianza como un intento de Rivas de «marterse na cadeira da Alcaldía».






