O Porriño celebra este sábado, 3 de maio, o Festival Folclórico das Asociacións Culturais e Veciñais. A cita desenvolverase a partir das 19:00 horas na Praza Antonio Palacios e converterá este emblemático espazo nun escenario de encontro coa tradición e co folclore galego, da man de diferentes agrupacións do municipio que traballan na preservación e difusión da nosa cultura popular.
Para o alclade, Alejandro Lorenzo, “a celebración deste festival é unha oportunidade para recoñecer o labor das asociacións culturais que manteñen vivas as nosas tradicións. É tamén un momento para reforzar a identidade colectiva e o orgullo de pertencer a unha vila con tanta riqueza cultural”.
Durante a tarde, o público poderá gozar das actuacións do Grupo Cantareiras da Forna Budiño, o Grupo de Gaitas de Chenlo, o Grupo de Cantareiras de Carracido, o Grupo Acordecans e Os Penedíños de Atios. Todos eles ofrecerán unha mostra do seu repertorio tradicional, nunha cita que promete música, cor e sentimento de pertenza.
A organización do festival é froito da colaboración entre o Concello do Porriño e as propias asociacións culturais e veciñais, que suman esforzos para que esta xornada se converta nun punto de encontro para a veciñanza.
Tamén en vigoalminuto
- Las playas de Ribeira, Santa Marta y A Ladeira, en Baiona reabren al bañoLos nuevos análisis del Sergas levantan la prohibición temporal y permiten restablecer la normalidad en los tres arenales
- La Atención Primaria de Vigo agrava su crisis en verano: citas con cuatro semanas de esperaEl BNG denuncia el «colapso» de los centros de salud y reclama a la Xunta un refuerzo inmediato de personal
- “Mientras Caballero coloca luces en julio, las alcaldesas de A Coruña y Santiago trabajan por sus aeropuertos”Luisa Sánchez acusa al alcalde de “quedarse solo” por no sumarse al modelo de colaboración que permitirá nuevas rutas en Lavacolla y Alvedro
- Nigrán converterá os antigos cines da Ramallosa nun espazo con auditorio e sala de proxecciónsO proxecto, cun investimento de 555.290 euros financiado con fondos europeos
- Hallan muerta a Carmen López Rebolo, la joven desaparecida en Lugo el pasado 21 de julioEl cuerpo fue localizado este viernes
- “No estaba preparado”: la joven de Vigo que acabó bailando con ChayanneEncarna acudió al concierto de Castrelos como una espectadora más y terminó sobre el escenario durante ‘Bailando bachata’
Lorenzo subliña que “eventos coma este fortalecen os lazos entre parroquias e xeran espazos de convivencia arredor da nosa cultura, algo fundamental para seguir construíndo unha sociedade cohesionada e orgullosa da súa historia”.






