A Central Unitaria de Traballadoras convoca mobilizacións no Día da Clase Traballadora en Compostela, Vigo e A Coruña baixo o lema “Traballo digno. Non á guerra imperialista da UE e a OTAN”.
En Vigo a manifestación partirá as 11:00h. da praza Fernando Católico– na Coruña ás 12:30 h da
Praza de Pontevedra; en Compostela terá lugar unha concentración ás 12:30 h na Praza 8 de marzo-.
Dende a CUT fan un chamamento conxunto a toda a clase traballadora a saír ás rúas neste 1 de maio «dicindo, alto e claro, que a escalada bélica proposta pola OTAN dos EEUU e a UE obedece ás ansias do capital de seguir acumulando riquezas; nada ten que ver con supostos valores democráticos ou a conquista de dereitos e liberdades, todo o contrario».
Os responsábeis da CUT subliñan que «a clase traballadora debe ter no seu horizonte un rotundo NON Á GUERRA IMPERIALISTA, porque ao berralo alto e claro estamos a defender non só a paz, senón tamén o traballo digno, os servizos públicos dignos, o dereito á vivenda, a liberdade, a xustiza e a democracia«.
Outras novas
- La UVigo aprueba la descentralización de Medicina…con el rechazo del alcalde
- Directos Vibra Mahou regresa en 2026 con Rufus T. Firefly, Repion, Anabel Lee y Niños Bravos
- Se aceleran las obras de emergencia en las válvulas de Eiras
- Llega la tercera edición de +Talento Motor, la cantera que impulsa a los jóvenes pilotos gallegos
- El 100% de la plantilla del almacén de Amazon en O Porriño secunda la huelga
- Detenida en Vigo por estafar más de 23.000€ mediante contratos telefónicos con datos de otras personas
UGT e Comisións Obreiras
Pola súa banda, UGT y Comisións Obreiras (CCOO) sairán conxuntamente dende Vía Norte ás 11:30h., completando as mobilizacións anteriores para acadar a xornada laboral de 37,5 horas semanais e reclamar subidas salariais.
Como no caso da CUT, reivindicarán a paz, o fin do xenocidio en Gaza e o remate da ocupación rusa de Ucraína.
CIG
A manifestación convocada pola CIG partirá ás 12:00 horas dende A Doblada baixo o lema “Traballo, dereitos e soberanía. Galiza contra as guerras”. El sindicato nacionalista critica que as políticas da Xunta “provocan pobreza e desigualdade, desmantelando servizos públicos e pensións e agravando a desertización industrial e social de comarcas enteiras».






