O proceso de escolarización no sistema educativo galego para o vindeiro curso 25/26 avanza coa publicación hoxe, segundo o calendario previsto, das listaxes provisionais de admisión de novos alumnos. Un total de 14.150 nenos e nenas incorporaranse ás aulas galegas en 4º de Infantil. Isto supón que se cobre o 66,7% das 21.227 prazas ofertadas e quedan libres 7.077, o 33,3% restante.
Vigo, penúltima das grandes ciudades en ocupación
Por provincias, en Lugo ocúpanse o 72,40% (1.173 alumnos), seguida da Coruña co 70,30% (6.028 alumnos), Pontevedra co 63% (5.110 alumnos) e Ourense co 59,80%(1.299 alumnos). En canto ás sete cidades, o maior nivel de ocupación dáse en Lugo co 87,5% (642 alumnos), seguida da Coruña co 85,6% (1.411 alumnos), Pontevedra co 76,7% (514 alumnos), Santiago de Compostela co 73,8% (594 alumnos), Ferrol co 72,8% (337 alumnos), Vigo co 71,8% (1.651 alumnos) e Ourense co 67,4% (598 alumnos).
As prazas dispoñibles continúan a disposición das familias ao longo do proceso de admisión, para o cal está previsto publicar as listaxes definitivas o 15 de maio. A continuación, desenvolverase o proceso de formalización de matrícula, cuxa datas varían en función do nivel educativo. En concreto, serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.
Maís novas
- O cine municipal do Porriño abrirá no Nadal e o auditorio antes de rematar o ano
O alcalde prevé para xaneiro a finalización do ámbito de Pío XII, que incorporará un parque cuberto e un auditorio ao aire libre - Al menos, 50 muertos en el choque de un AVE y un Iryo en Toledo
Más de 500 pasajeros viajaban en los dos convoyes - La Diputación cerrará el mandato tras haber destinado 66,8 millones a Vigo en cuatro años
La inversión equivale a una media de 1,39 millones de euros al mes, con 15,8 millones previstos para actuaciones conjuntas con el Concello en 2027 - Stellantis Vigo lidera un proyecto de 24,6 millones para transformar la fábrica con inteligencia artificial y robótica
La iniciativa FAGAMOS reúne a nueve empresas y centros tecnológicos gallegos - A nova ponte colgante que conectará Galicia e Portugal a pé e en bicicleta sobre o Miño
A Deputación reserva 100.000 euros no orzamento de 2027 para iniciar a construción dunha pasarela de 84 metros entre As Neves e Monçao - El ultraderechista Flávio Bolsonaro huye a Estados Unidos
Una fuente del Gobierno estadounidense ha confirmado que el senador se dirige a aquel país
O 97% da solicitudes obtiveron praza no colexio escollido como primeira opción
A maiores, case o 97% do alumnado que solicitou praza en 4º de Educación Infantil nos centros educativos galegos para o vindeiro curso 2025/26 obtívoa no colexio escollido como primeira opción, en concreto, a porcentaxe é do 96,6%.
Isto supón unha porcentaxe moi similar á do ano pasado, malia que segue avanzando a implantación progresiva da mellora das rateos de 25 a 20 alumnos por aula, decidida para este curso en 4º de Infantil, e que no vindeiro curso se aplica tamén a 5º de Infantil.
Estamos ao inicio do proceso de admisión, que se desenvolverá ata a matrícula en xuño/xullo en coordinación permanente coa Inspección Educativa, polo que os datos se irán axustando ata concluír o proceso. O 100% do alumnado que así o desexe ten garantida unha praza nun centro sostido con fondos públicos.
Nos escasos casos de máis demanda que oferta de postos nun centro concreto, as prazas serán asignadas como sempre polos centros ou a comisión de escolarización de cada zona, segundo corresponda, en función do baremo aplicable a cada solicitude e atendendoaos centros de preferencia marcada, tal e como establece a normativa.
