A Deputación de Pontevedra lanza a segunda edición do programa Lecer en Familia que volverá posibilitar estadías en establecementos hostaleiros da provincia para reforzar os lazos familiares pasando tempo de calidade. A institución provincial ofertará preto de 3.000 prazas para estas saídas que terán lugar no último trimestre do ano ou no primeiro trimestre de 2026.
Inscrición
O orzamento total para este programa é de 280.000€, dos que a Deputación achega 180.000. As bases xa están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e o prazo de inscrición comezará o próximo 2 de maio, permanecendo aberto ata o venres 16.
Poderanse beneficiar de Lecer en familia as unidades familiares con menores ao seu cargo que teñan
residencia na provincia de Pontevedra. A Deputación ofertará estancias dunha noite de venres ou sábado; períodos non lectivos ou vésperas de festivos en hoteis da provincia de Pontevedra que, como mínimo, sexa de 3 estrelas: establecementos hoteleiros de tipo balneario, talaso ou spa, e hoteis de zonas urbanas ou rurais, en réxime de media pensión.
Tamén en vigoalminuto
- O Porriño enche a fin de semana de festas con música, teatro, tradición e deporteAs Festas do Cristo 2026 ofrecen familiares, espectáculos, competicións deportivas e a tradicional Romaría do Monte da Risca
- O TSXG condena o Sergas por vulnerar os dereitos fundamentais dun traballadorFixa unha indemnización de 38.497€ ao empregado da Áera Sanitaria de Vigo
- El alcalde anuncia que Vigo reserva casi 400.000€ para la Cabalgata de Reyes y la megafonía de Navidad113.000€ serán para el diseño y construcción y otros 120.817 para la producción técnica de la Cabalgata
- La Movida viguesa vuelve este sábado con una gran noche dedicada a Golpes BajosTeo Cardalda y Luis García repasarán este sábado el repertorio de la banda junto a Antón Reixa, Miguel Costas, Silvia Superstar, Alberto Comesaña, Mercedes Ferrer y Tony Lomba
- Vigo e Nigrán entran en ‘medidas de prealerta’ ante o empeoramento da situación en ZamánsA Xunta advirte de que as chuvias de agosto non permitiron recuperar as reservas hídricas
- Empiezan a funcionar las Zonas de Bajas Emisiones: quién puede entrar, qué excepciones hay y cuándo empezarán las multasDurante un año se advertirá a los conductores y no habrá multas
Prazas subvencionadas
Das case 3.000 prazas ofertadas 50 serán en réxime especial, subvencionadas ao 100% con preto de 100€, e as outras 2.900 de réxime xeral estarán subvencionadas do seguinte xeito: 60€ para maiores de 12 anos,
30 € para cativos de 3 a 12 anos e ao 100% para os menores de 3 anos.
Ademais, cada establecemento hoteleiro participante en Lecer en familia levará parellas unha serie de actividades complementarias que poderán realizar as familias, así como un concurso de fotografía no que o premio será unha estancia gratuíta nalgún dos aloxamentos participantes. O ano pasado participaron preto de mil familias, 2.956 persoas de 52 concellos da provincia.
O obxectivo deste programa é promover o tempo de calidade en familia, apoiar a convivencia e fomentar o seu benestar físico e mental, así como proporcionar unha opción de lecer que contribúa a mellorar de forma global a súa calidade de vida.






