A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, anunciou hoxe o inicio
das obras dun novo inmoble en Navia, para 41 vivendas protexidas. O investimento ascende a máis de 8,3 millóns de euros, «dos que un 24,4% [más de 2 millóns] son fondos europeos». Este edificio atópase no Polígono 1, e disporá de 20 vivendas de 2 dormitorios, 20 de 3 e 1 de 4 estancias.
Allege tamén deu conta da publicación hoxe da licitación do proxecto e dirección de obra, no Perfil do contratante, doutro inmoble máis, para 26 fogares, no Polígono 2, tamén en Navia e salientou que
«Vigo é unha prioridade» para o Goberno Rueda, «unha cidade onde a Xunta xa ten nalgún grao de execución un milleiro de vivendas protexidas”.
Tamén en vigoalminuto
- Muere atropellado un hombre en la A-55, en O Porriño
- Baiona recurre a Vigo para garantizar el agua, ante el riesgo de problemas de abastecimiento
- O Porriño prepara un orzamento de 26,8 millóns, sen aumento de impostos
- Muere un vecino de Vigo en un accidente de tráfico en As Neves
- Vigo, clave para la seguridad alimentaria europea
- Hallan muerto a un hombre en avanzado estado de descomposición junto a una nave, en Vigo
Por outra banda, a conselleira lembrou os Proxectos de Interese Autonómico para habilitar solo no ámbito Ofimático para 2.300 vivendas e na zona de Ramón Nieto para 1.400, no marco da Estratexia Galego do Solo Residencial.






