O Concello do Porriño seguirá avanzando na modernización e mellora do seu Mercado Municipal logo da concesión dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Esta achega, enmarcada na creación dunha rede galega de mercados excelentes, permitirá acometer unha nova fase de intervencións cun investimento total que supera os 400.000€, dos cales máis de 320.000€ son unha achega da administración autonómica.
Este novo impulso enmárcase nun proxecto estratéxico posto en marcha polo Concello no ano 2023, cunha visión clara: transformar a praza de abastos nun espazo moderno, funcional e acolledor, que responda ás necesidades actuais tanto dos praceiros como da clientela. A actuación busca adaptar o mercado aos novos hábitos de consumo sen renunciar á súa identidade nin ao seu valor arquitectónico e histórico, preservando a esencia dun inmoble que forma parte do patrimonio e da memoria colectiva do Porriño. O edificio, obra do prestixioso arquitecto José Bar Boo, segue a ser un símbolo do centro urbano e comercial do Porriño, e a súa recuperación integral constitúe unha prioridade para o goberno local.
Así, este mesmo sábado, o alcalde Alejandro Lorenzo e a concelleira de Mercados, Antía Carrera, reuníronse co colectivo de praceiros e praceiras para explicarlles en detalle as actuacións previstas e trasladarlles de primeira man a confirmación da concesión desta nova subvención. Ambos trasladaron a súa intención de manter un diálogo constante co sector durante todo o proceso, co fin de que cada paso responda ás necesidades reais da veciñanza.

Espazo clave para a vida social
Durante a reunión, o alcalde sinalou que este novo investimento permitirá seguir avanzando na mellora dun espazo que é clave para a vida social e económica da vila. “Falamos dun mercado que forma parte da nosa identidade, tanto desde o punto de vista arquitectónico como comercial. A nosa responsabilidade é coidalo, actualizalo e poñelo ao día para que siga sendo útil, funcional e atractivo tanto para os praceiros como para os veciños e veciñas que cada día confían no comercio de proximidade”, afirmou Lorenzo.
Tamén en vigoalminuto
- Vigo: desde el Concello aseguran que las viviendas que construye la Xunta las proyectó Touriño…hace 18 años
- Caballero celebra que Vigo sea propuesta para Mundial 2030, pero acusa a la Federación de llegar dos años tarde
- Navia acelera en la creación de vivienda en Vigo: la Xunta licita 50 nuevos pisos públicos
- Semana Santa en tren: Renfe lanza más de 98.300 plazas entre Galicia y Madrid
- ERE en Stellantis Vigo: denuncian el despido de 90 trabajadores en plena alta producción
- Más de 100.000 embriones congelados “abandonados” en España: qué son y por qué preocupa a las clínicas
Así será a transformación
A nova fase incluirá a rehabilitación da cuberta e a restauración das fachadas, que permitirán mellorar a conservación e a imaxe exterior do edificio. No interior, reordenaranse os postos de venda, especialmente nas zonas de peixaría e froitería, que contarán cun novo deseño máis moderno, eficiente e adaptado ás súas necesidades específicas. Incorporaranse novos sistemas de iluminación, estruturas de protección solar e equipamentos comerciais de uso común como cámaras de frío, taquillas térmicas e espazos de almacenamento.
A intervención tamén contempla a recuperación dos locais actualmente baleiros para favorecer a súa ocupación por novos negocios, o acondicionamento da sala de estar, a renovación completa dos aseos da planta baixa e superior, e a mellora dos accesos, incluíndo a instalación de novas portas automáticas para a entrada de mercancías. «Todo isto realizarase co máximo respecto ao valor patrimonial do edificio e cun enfoque centrado na sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a calidade dos servizos«.






