Tui xa está preparado para vivir 10 días de festas na honra a San Telmo. Debido ás previsións meteorolóxicas cambia o emprazamento das primeiras actividades que se trasladan ao Mercado de San Antonio. Así o actor, monologuista e contador de historias Avelino González, dará lectura ao pregón das festas no auditorio situado no exterior do Mercado este sábado, 19 de abril, ás 12.45 h.
Tamén en vigoalminuto
- O Porriño, escenario do Campionato Galego 3×3 U17, este domingo
- Raptan a un menor, lo agreden, lo amenazan y lo dejan en Porriño a 70 kilómetros de su casa
- Vigo tiene la segunda mejor potabilizadora del mundo y la primera de Europa
- Rock para los conciertos de Castrelos: The Black Keys, el 21 de julio
- Vigo recupera las grandes regatas oceánicas, con la ‘Solitaire du Figaro’
- ADEGA e a PDRA inician os trámites para levar ao xulgado a autorización da Xunta ao proxecto de Altri
Música, viño e gastronomía
Xa dende ás 12:00 h o Mercado acollerá a actuación do grupo de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei, e os tradicionais Xigantes e Cabezudos bailarán ao ritmo da nosa música. A esa hora abrirán tamén os postos das 12 adegas participantes este ano no IV Encontro de Viños da Raia, que se distribuirán no
interior do Mercado. Serán Corisca e Quiñóns da Insua de Tui; Edmund do Val de Valença; Sergio Álvarez, Adega Pateira, Jorge Marcote, e Adega Xesteiro do Rosal; Marcio Lópes de Melgaço; Adega do Ricón, Chan de Vide e Miguel Alonso viticultor de Arbo; e María Bargiela de Salvaterra. Mentres que a zona de
degustación, que contará con climatización, estará preparada no exterior.
Na cita non faltará a gastronomía que chegará da man de Almacén Urbano, D’Calle e Maruxa Market, que contan con posto no Mercado, e aos que se sumará Vioncas Bake. Ofrecerán degustacións tanto doces coma salgadas para acompañar aos viños blancos, tintos e espumosos que protagonizarán este cuarto Encontro. O horario será de 12:00 a 16:00 h e de 20:00 a 23:00 h.
Amias o sábado, ás 18.30 h, terá lugar no Mercado de San Antonio II Concurso de Cata Amateur a cegas guiada polo sumiller Sebaristas. É preciso inscribirse previamente na Oficina de Turismo. No Mercado actuará tamén a Charanga Cantos Somos de 20:00 a 22:00 h.

Premios Cidade de Tui
O Teatro Municipal acollerá ás 18.30 h a Gala de entrega dos Premios Cidade de Tui á Sociedad Tuy Salceda. Asociación Mutual, Cultural y Recreativa” de Bos Aires, na categoría colectiva, e a Manuel e María Teresa Vázquez de la Cruz, na individual de forma ex aequo. A continuación na Sala Municipal procederase á inauguración da exposición “A Fermosura do Pequeno”, con maquetas de Tui
de José Martínez Clotet.
Concerto de G-Face
A partir das 21:00 h a actividade trasládase ao Espazo Feiral onde foi instalada unha gran carpa con capacidade para 4.000 persoas. A esa hora comezará o I Encontro de Bandas de Gaitas no que participarán as catro bandas tudenses Arume de Malvas, A Insua de Caldelas, Guillarei e Paramos.
Pechará a programación deste primeiro día de festas o artista G-Face ás doce da noite iniciando en Tui a súa xira “G Face na Casa” cun espectáculo de case dúas horas no que estaráacompañado por unha banda de catro músicos, dous coristas, un corpo de baile e un cadro de mariachis.