O grupo municipal do PP de Fornelos de Montes vén de denunciar publicamente a intención do Goberno local de suprimir por completo a única zona verde existente na vila, que se atopa a carón do parque infantil, a través dun proxecto de urbanización de formigonado integral de todo este espazo.
Así, a concelleira popular Antía Rodríguez, lamenta que este sexa o proxecto, escollido ao abeiro do Plan Provincia Extraordinaria da Deputación, que financiará 281.845€ do montante total de 331.582€. Incluso vén de impulsar a celebración dun pleno extraordinario, que tivo lugar esta mesma mañá, para que o Goberno municipal “rectificase un proxecto que non responde ás necesidades de Fornelos, con moitas eivas en estradas e saneamento, e que afonda na creación de espazos urbanos duros e despersonalizados”.
Segue adiante
Sen embargo, o goberno de Emiliano Lage rexeitou esta proposta e mantivo a súa intención de formigonar esta zona verde. “Aquí xúntanse dúas cuestións que confirman a ineficacia desta xestión: por unha banda, hai necesidades moito máis urxentes en Fornelos e, por outro lado, o proxecto elixido vai contra as características propias dun concello rural como o noso incidindo nunha urbanización excesiva. Todo isto, e a pechazón do alcalde a non dar marcha atrás, contradi por completo as súas afirmacións de que se fai unha análise rigorosa das necesidades, porque a verdade é que non se pode escoller peor un proxecto e, o máis grave, dilapidar máis de 300.000 euros e perder unha grandísima oportunidade de facer algo de proveito”, sinala Antía Rodríguez.
Outras novas
- La Xunta desaloja la Estación de Autobuses de Vialia y cierra el espacio donde dormían más de una docena de personas sin hogar
- La gran escalera de los Bomberos de Vigo ‘toma’ San Salvador para practicar un rescate en altura
- Vigo Porté abre este martes las inscripciones
- Vacuna de la gripe en Galicia 2026: fechas, quién puede vacunarse y qué cambia este año
- Tapiada por orden judicial una vivienda de la rúa Aragón, convertida en un punto de venta de droga
- Sánchez pide a Caballero que compense el “sablazo” de la basura con una rebaja de otros impuestos
Sobrequecemento
Ademais, a responsable popular advirte tamén de que, froito do formigonado, tanto a zona do parque infantil como o resto da contorna van padecer un sobrequecemento excesivo de temperatura durante o verán, o que prexudicará o seu emprego polos nenos. Finalmente, lembra que a actuación vai na liña contraria do ano anterior, cando se investiron 20.000 euros para crear unha zona orientada a mitigar o calor deste espazo e «que agora van desfacer, malgastando eses fondos«.






