Chegou o momento da verdade. O Campionato de Europa de Técnica, Freestyle e Parapoomsae de Tallín- Estonia- abre as súas portas e Galicia preséntase a esta gran cita cun total de 31 deportistas e unha adestradora. Coma sempre, o obxectivo será plasmar no tapiz o duro traballo desenvolvido nos últimos meses e rematar o exercicio coa sensación do traballo ben feito. Así chegarán os resultados.
Tamén en vigoalminuto
- La Xunta licita 73 nuevas viviendas públicas en Navia mientras construye ya 309 pisos en Vigo
- El megacrucero ‘Liberty of the Seas’ llega por primera vez a Vigo con 3.200 pasajeros y 12 escalas previstas
- Vigo estrena su I Gala del Turismo con premios al sector y reivindicación de su crecimiento turístico
- Más trenes y más plazas en Galicia: Renfe refuerza el eje Vigo–Santiago–A Coruña con un aumento del 24%
- Heroína, cocaína y armas en Vigo: desarticulado un punto de droga en la Avenida de la Florida
- Denuncian que Digna Rivas deixa a Chapela sen traballadora social «durante meses»
Campións de Europa 2023 y do mundo 2024
Hai que lembrar que entre a delegación galega contamos cos campións de Europa 2023 en trío 1, Carlos Rey, Alejandro Losada e Marco García; ou con Seung Han Shin, quen logrou o título de campión do mundo 2024, en trío 51-60, xunto ao catalán Antonio Moreno e o valenciano Bernardo Hernando; e o bronce mundial de Beatriz Queiró, xunto ao catalán José Manuel Marín en parella + de 60 anos.
Parapoomsae
O equipo galego viaxou o luns a Tallín para estar na competición, que se desenvolverá en dous días (16 e 17 de abril). Ademais, a gran novidade da edición do presente ano é que por primeira vez se celebrará o Europeo de Parapoomsae. Francisco Rodríguez Noya será o primeiro deportista galego de parapoomsae que participa nun Europeo na categoría P21. Fran viaxa ademais acompañado por Natalia Vázquez, que será a súa asistente no evento.
Esta é a composición do equipo galego
Técnica
- Hugo Arnoso, Mateo Fernández e Aitor Teijeiro – Trío Júnior Masculino
- Jessy Sun Shin Veiga – Trío júnior feminino (con dúas deportistas doutra comunidade Noa Zarate e Noa Campillo)
- Aitor Teijeiro e Lucía Roca – Parella Júnior
- Tomás Fernández – Sénior 1
- Laura Álvarez e Daniel Areán – Parella 1
- Carlos Rey, Alejandro Losada e Marco García – Trio 1
- Begoña Veiga, Virginia Sixto e Elena González – Trío 31-50
- Seung Han Shin – Trío 51-60 con xunto ao catalán Antonio Moreno e o valenciano Bernardo
- Esperanza Fernández – Trío 51-60 con dúas compañeiras doutra comunidade
- Bea Queiró – Máster 3
- Bea Queiró e Manuel Sanmartín – Parella +60
Freestyle
- Nuria Rodríguez – Freestyle – 17
- Ruben Galdó – Freestyle +18
- Pepe Soto e Nadia Blanco – Parella – 17
- Tomas Fernández e Celia García – Parella Freestyle +18
- Nuria Rodríguez, Ana Llin Shin, Nadia Blanco, Lucas Yelo, Hugo Arnoso e Iván Pena – Quinteto – 17
- Ruben Galdó, Miguel Barreiro, Irea Abuin, Inés Abuín, Yaiza Velo e Pepe Soto – Quinteto +18
Parapoomsae
- Francisco Rodríguez Noya – Categoría P21








