Deportes

Máis de 30 taekwondistas representarán a Galicia no Campionato de Europa, en Tallín

Entre eles un campión do mundo e varios continentais

Máis de 30 taekwondistas representarán a Galicia no Campionato de Europa, en Tallín

Chegou o momento da verdade. O Campionato de Europa de Técnica, Freestyle e Parapoomsae de Tallín- Estonia- abre as súas portas e Galicia preséntase a esta gran cita cun total de 31 deportistas e unha adestradora. Coma sempre, o obxectivo será plasmar no tapiz o duro traballo desenvolvido nos últimos meses e rematar o exercicio coa sensación do traballo ben feito. Así chegarán os resultados.


Tamén en vigoalminuto


Campións de Europa 2023 y do mundo 2024

Hai que lembrar que entre a delegación galega contamos cos campións de Europa 2023 en trío 1, Carlos Rey, Alejandro Losada e Marco García; ou con Seung Han Shin, quen logrou o título de campión do mundo 2024, en trío 51-60, xunto ao catalán Antonio Moreno e o valenciano Bernardo Hernando; e o bronce mundial de Beatriz Queiró, xunto ao catalán José Manuel Marín en parella + de 60 anos.

Parapoomsae

O equipo galego viaxou o luns a Tallín para estar na competición, que se desenvolverá en dous días (16 e 17 de abril). Ademais, a gran novidade da edición do presente ano é que por primeira vez se celebrará o Europeo de Parapoomsae. Francisco Rodríguez Noya será o primeiro deportista galego de parapoomsae que participa nun Europeo na categoría P21. Fran viaxa ademais acompañado por Natalia Vázquez, que será a súa asistente no evento.

Esta é a composición do equipo galego

Técnica

  • Hugo Arnoso, Mateo Fernández e Aitor Teijeiro – Trío Júnior Masculino
  • Jessy Sun Shin Veiga – Trío júnior feminino (con dúas deportistas doutra comunidade Noa Zarate e Noa Campillo)
  • Aitor Teijeiro e Lucía Roca – Parella Júnior
  • Tomás Fernández – Sénior 1
  • Laura Álvarez e Daniel Areán – Parella 1
  • Carlos Rey, Alejandro Losada e Marco García – Trio 1
  • Begoña Veiga, Virginia Sixto e Elena González – Trío 31-50
  • Seung Han Shin – Trío 51-60 con xunto ao catalán Antonio Moreno e o valenciano Bernardo
  • Esperanza Fernández – Trío 51-60 con dúas compañeiras doutra comunidade
  • Bea Queiró – Máster 3
  • Bea Queiró e Manuel Sanmartín – Parella +60

Freestyle

  • Nuria Rodríguez – Freestyle – 17
  • Ruben Galdó – Freestyle +18
  • Pepe Soto e Nadia Blanco – Parella – 17
  • Tomas Fernández e Celia García – Parella Freestyle +18
  • Nuria Rodríguez, Ana Llin Shin, Nadia Blanco, Lucas Yelo, Hugo Arnoso e Iván Pena – Quinteto – 17
  • Ruben Galdó, Miguel Barreiro, Irea Abuin, Inés Abuín, Yaiza Velo e Pepe Soto – Quinteto +18

Parapoomsae

  • Francisco Rodríguez Noya – Categoría P21

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.